- Detalles
No DOG do 30/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2022 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.
Publican a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2022 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
Función Pública vén de remitirnos a proposta de OEP 2023 correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral e das entidades instumentais do sector público autonómico.
Para seguir a tradición dos últimos anos, na documentación falta o anexo de postos. Interpelada Función Pública polo tema, "enviarano entre mañá ou luns" Barreiro dixit.
Alegacions ata o vindeiro 31 de outubro ás 14:00 horas. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG. Descarga a proposta.
- Detalles
O vindeiro luns 30/10/2023 estamos convocados a unha Comisión de Persoal onde se someterán a votación:
1. Modificación da RPT de Política Social e Xuventude. Descargar.
2. Proxecto de Orde pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración Xeral da Comunidade Autonóma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais. Descargar.
A documentación é a mesma que enviaron para a Mesa Xeral de Negociación de mañá 27 de outubro, o que amosa que o concepto de negociación para esta Administración quédase nun brindis ao sol.
- Detalles
Tras a mesa previa á Mesa Xeral á que fomos convocadas as organizacións sindicais o 25 de outubro na que Función Pública meteu a machado esta convocatoria, agora convócannos a unha Mesa sectorial de funcionarios para o luns 30 de outubro.
A documentacion é a mesma que foi á mesa previa. Descarga a convocatoria. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.
- Detalles
Segundo nos informan de Función Pública, está prevista a publicación da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 20 de outubro de 2023, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2022 dos integrantes das listas de contratación temporal a que se refire o artigo 12 do dito decreto, no DOG do luns 30/10/2023.
As listas das categoría 1 (camareiro/a-limpador e outras) e 11 (limpador/a e outras) do grupo V de persoal laboral foron pechadas consecuencia da funcionarización destas na lista I-E-209R (escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña), polo que non figuran nesta actualización definitiva. A lista funcionarizada xa entrou en xestión cos servizos do ano 2022 computados.
- Detalles
Función Pública vén de anunciar sen concretar calendario a convocatoria dunha serie de concursos. Pero non inclúe o concurso de corpos xerais nin o das escalas de administración xeral.- Tamén nos indican unha orde de prelación dos concursos e tomas de posesión de procesos selectivos. E non aparecen as promocións internas separadas das últimas 3 ofertas de emprego público.
- Os tempos camiñan cara a unha redución do tempo de traballo, pero para a Xunta, a diferenza doutras administracións, unha xornada de 35 horas parécelle unha petición caprichosa
A CIG está farta de tratar estes asuntos en interminábeis mesas de negociación onde case nunca nada da froitos. E como a nosa tradición é mobilizadora, cremos que as persoas empregadas públicas temos que comezar a movernos e demandar que o dereito a poder concursar, promocionar ou a ter horarios racionais SI ten cabida na Administración autonómica.
Por iso convidámoste a participar nas asembleas informativas que organizaremos sobre os concursos de traslados, sobre a promoción interna non convocada e sobre a demanda de redución da xornada laboral.
- Compostela (San Lázaro): venres 10/11/23, ás 11h, salón de actos - Sanidade
- O Barco de Valdeorras: xoves 9/11/23, ás 12h, salón de actos - Casa grande de Viloira
- Compostela (San Caetano): mércores 8/11/23, ás 11h, salón de actos 2 - San Caetano
- Ourense: martes 7/11/23, ás 12h, salón de actos de Medio Rural, Florentino Cuevillas
- Pontevedra: venres 27/10/23, ás 11h e ás 13h, sala de conferencias do edificio administrativo
- Vigo: xoves 26/10/23, ás 11h e ás 13h, salón de actos do edificio administrativo
- Detalles
A tres horas do inicio da mesa previa á que as organizacións sindicais estamos convocadas hoxe 25 de outubro, Función Pública vén de engadir un novo punto na orde do día cun borrador da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de axentes en xestión medioambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B.
Lamentablemente non é a primeira vez e estamos seguros que non vai ser a última, que virán máis porque xa empeza a ser un comportamento habitual nesta administración. Non resulta de recibo, nin ético nin formal engadir un novo punto na orde do día a tres horas do comezo da xuntanza.
Este proceder de Función Pública vai en contra do principio de boa fe negocial que debe presidir toda negociación e así llo faremos saber na propia xuntanza. Obviamente a CIG negarase a tratar hoxe este asunto e pedirá a retirada do mesmo da orde do día.
Descarga a proposta. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.
- Detalles
Función Pública vén de remitirnos unha nova documentación da funcionarización OPE 22-23 e da funcionarización por PI horizontal específica.
Descarga a documentación da funcionarización OPE 22-23. Alegacións ata o 30 de outubro.
Descarga a documentación da funcionarización por PI horizontal específica. Alegacións ata o 27 de outubro.
Se queres comentar algo, contacta coa CIG.
- Detalles
Función Pública vén de convocarnos a dúas xuntanzas, mesa previa o mércores 25 e Mesa Xeral o venres 27 de outubro. Na orde do día traen un novo borrador de Orde pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.
Se tes algo que comentar, contacta coa CIG. Descarga o novo borrador.
- Detalles
Función Pública vén de convocar ás organizacións sindicais a unha xuntanza previa para o mércores 25 de outubro e unha Mesa Xeral para o venres 27 sobre a RPT de Política Social. Para ambas xuntanzas envían a mesma documentación. Con carácter previo a estas xuntanzas tivemos outra xuntanza o pasado venres 20 de outubro.
Resulta sorprendente, ou non tanto coñecendo como "traballa" Función Pública e tendo en conta que o prazo de alegacións remata mañá, nos envíen xa a documentación para ambas xuntanzas. Isto pode significar dúas cousas: ou van a pasar ampliamente das alegacións ou terán que enviar unha nova documentación unha vez analizadas as alegacións que lles enviemos. Un exemplo máis da vontade negociadora desta Administración.
Descarga a documentación. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.
