- Detalles
O director xeral de Función Pública convocounos a varias xuntanzas que serán o martes 19/09/23: Comisión de Persoal, Mesa Xeral de Empregados Públicos e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, coa seguinte Orde do día:
Para a Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, e votación en Comisión de Persoal
- Relación de Postos de Traballo (RPT) da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Descargar
Para a Mesa Xeral de Empregados Públicos
- RPT da Consellería de Política Social e Xuventude. Descargar
- Convocatorias dos procesos selectivos de funcionarización do persoal laboral fixo da OEP-2022. Descargar
- Modificación da orde de flexibilidade horaria por conciliación familiar (Lei de impulso demográfico de Galiza). Esta orde xa pasou por Mesa Xeral (17/03/23), pero decidiron retirar a bolsa de horas e volve de novo á Mesa. Descarga
- Detalles
Perpetúa deste xeito a discriminación existente cara ao persoal cun vínculo temporal, que seguirá con menos posibilidades de acceso á formación até entrado 2024.
A EGAP enviou ao DOG tan só uns días despois do último consello reitor unha corrección da Resolución da EGAP 10 de maio (DOG do 23 de maio de 2023 - novas condicións de participación na formación). Con esta "corrección de erros" o que fan é ampliar o prazo de 3 a 6 meses para a entrada en vigor dos novos criterios de acceso á formación.
Como consecuencia, até 2024 non aplicarán os novos criterios e, ao longo de todo 2023 seguirá en vigor a Resolución da EGAP do 4 de xaneiro d0 2008 (DOG do 10 de xaneiro).
Agora ben, tanto os criterios de acceso do 2008 como os de 2023 aínda son discriminatorios no referido á igualdade: non responden a unha diagnose de xénero da situación real da formación do persoal (nin a criterios negociados no ámbito do I Plan de Igualdade) e non adoptan ningunha directriz de xénero baseada nesa diagnose (xa que todos os criterios de selección son decisión unicamente da EGAP). Ademais, lembramos que os criterios de 2008 contraveñen a xurisprudencia por ser discriminatorios cara ao persoal non fixo, motivo polo que estes criterios en vigor até finais de 2023 prolongan no tempo a dobre discriminación cara ás empregadas públicas da Administración Xeral da Xunta de Galiza.
- Detalles
Comezado o curso escolar seguimos a recibir multitude de preguntas sobre os dereitos de conciliación na Administración da Xunta de Galiza.
Nin a Lei de igualdade galega nin o I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza traen melloras directas para o persoal empregado público desta Administración con respecto á lexislación básica do estado español, limitándose como moito a traspoñela. Aínda así hai consellerías que seguen a dificultar os dereitos de conciliación ao persoal a quendas e ao de centros periféricos.
Dereitos de conciliación por fillos menores, de 12 ou de 18 anos?
A Lei do impulso demográfico, na súa disposición final sexta, modifica a Lei de emprego público de Galiza de forma que, o persoal ten dereito á flexibilidade horaria por motivos de conciliación tamén cando ten fillos menores de idade. É dicir, que a flexibilidade estenderíase ata os 18 anos. Algunhas consellerías xa o aplican, pero outras négano á espera dun desenvolvemento regulamentario que leva anos de atraso.
A inacción da Xunta é insostible, temos poucos dereitos de conciliación e a proposta da Administración -que primeiro enviou para negociar e despois paralizou sine die- o que fai é limitar dereitos e impor tramos de preferencias.
A conclusión é que aos empregados e empregadas públicas moitas veces non nos queda outra que acudir á xustiza para que se recoñezan os nosos dereitos na conciliación.
Se é o teu caso, ponte en contacto coa CIG, LOITAREMOS CONTIGO!
Os dereitos de conciliación (na normativa da nosa Administración ou na de aplicación subsidiaria)
FLEXIBILIDADE, CONCRECIÓN HORARIA E PERMISOS
Na solicitude de flexibilidade dos postos administrativos esíxenche pór un horario de presenza obrigada, o que en moitos centros é o mesmo que a atención ao público. Con isto, na práctica é como se cha denegasen. Tampouco entendemos como o persoal a quendas (que o tería mais doado ao ter un maior rango horario) ten que sufrir denegacións automáticas.
Compre afianzar os dereitos de conciliación para non vinculalos ás necesidades do servizo fortalecendo os cadros de persoal e buscando fórmulas organizativas que garantan esta protección social.
- Conciliación con flexibilidade horaria. Dende a entrada en vigor da Lei de igualdade do estado español que se traspuxo finalmente a nosa Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galiza (art. 106.4), non necesitarías reducir a túa xornada para conseguir unha concreción horaria por conciliación. Porén, hai centros de atención, persoal a quendas ao que denegan a concreción por sistema, e se temos présa non queda outra que ir a redución de xornada (que en moitos casos produce máis desaxuste nos centros e afonda na precariedade ao termos persoal substituto de dúas horas). A solución sería ampliar os cadros de persoal para que haxa abondo para cubrir incidencias e as reducións e buscar fórmulas organizativas que permitan respectar o dereito de conciliar sen reducir.
- Permisos de maternidade e asimilados: 22 semanas, mais dúas semanas adicionais nos casos de discapacidade, por cada filla/o en parto múltiple, e até o límite de 13 semanas no caso de nacemento de filla/o con hospitalización da crianza. Se a filiación da outra persoa proxenitora non está determinada, a persoa proxenitora ten dereito a acumular ás 16 semanas do outro proxenitor.
- Permiso por nacemento para o outro proxenitor/a distinta/o da nai biolóxica, de 16 semanas (recentemente coa CIG gañamos unha sentenza polas semanas adicionais até igualar o permiso da nai biolóxica).
- Accidente grave, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica que precise repouso domiciliario dun/dunha familiar ou persoa convivinte en primeiro grao: 5 días; segundo grao: 4 días; sen ter en conta a localidade.
- Falecemento de familiar en primeiro grao: 3 ou 5 días hábiles se é na mesma ou distinta localidade. Segundo grao: 2 ou 4 días hábiles se é na mesma ou distinta localidade.
- Permisos para acompañamento de fillo/a ou maior dependente.
- Permiso parental de 8 semanas ao ano para o coidado de menores (pódese coller por horas soltas). Pendente de desenvolvemento regulamentario.
- Permiso por deber inescusable relacionado coa conciliación da vida persoal e familiar.
- Licenza para supostos de hospitalización prolongada, de até 1 mes, sen retribucións.
- Permiso por violencia de xénero, polo tempo necesario; retribuído.
- Accidente ou enfermidade moi graves (do cónxuxe, parella, fillo/a ou familiar de 1º grao): 30 días naturais, retribuídos.
- Lactación: 1 hora diaria. Pode dividirse en dúas fraccións de media hora ou acumularse (150 horas por cada fillo/a en xornadas completas, consecutivas ou non).
- Permiso por matrimonio ou unión de feito: 15 días.
- Vacacións. Tes preferencia a hora de escoller o período de vacacións se o teu fillo/a/s ten menos de 12 anos.
REDUCIÓNS DE XORNADA
Durante os tres primeiros anos, a Seguridade Social considera o 100% para o cálculo das súas prestacións de morte e supervivencia, maternidade e paternidade, desemprego e xubilacións, pero non para as bases de cotización para IT.
- Por garda legal para o coidado directo dun/ha menor de 12 anos ou persoa maior ou con discapacidade (até 4 horas).
- Por coidado de familiar de cónxuxe ou familiar 1º grao por enfermidade moi grave (até 3 horas).
- Por coidado dunha filla/o menor que padeza cancro ou enfermidade grave (até 4 horas).
- Por nacemento de fillas/os que teñen que permanecer hospitalizadas/os: 2 horas diarias, retribuídas.
- Por violencia de xénero (redución diaria por horas completas polo tempo necesario). Con redución proporcional das retribucións agás cando reduza a súa xornada nun terzo ou menos (que entón será retribuido).
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE FACILITAN A CONCILIACIÓN
Fóra da nosa Administración, son moitos os convenios e centros de traballo que recollen medidas específicas que facilitan a conciliación laboral, persoal e familiar. O servizo de comedor e cafetería, a sala de xantar, o dereito a comedor cando no teu centro se preparan comidas para as persoas usuarias ou se coincide dentro do horario laboral (recortado no 2012), a sala de lactación, escola infantil propia ou preferencia de proximidade e de centro de dia para os nosos maiores a cargo, espazos de descanso e hixiene para as gardas, traballos nocturnos e a quendas, etc.
O que non é xusto é que, o que noutras comunidades autónomas é normal (e mesmo obrigatorio), na Administración Galega temos que loitar cada avance e batallalo para non recuar.
- Detalles
A Consellería de Política Social e Xuventude convocounos a unha xuntanza para o día 14 de setembro, para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Esta proposta ven motivada pola sentenza que anula unha anterior modificación da RPT tras o contencioso presentado pola CIG. Se é do teu interese, aquí tes a súa proposta: descargar.
- Detalles
A Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, quere modificar os seis postos de "Secretario/a territorial" (delegacións das catro provincias máis Vigo e Ferrol) para permitir que sexan cubertos por persoal docente ou sanitario.
Estes postos, de libre designación e nivel 30, actualmente están reservados a persoal funcionario do subgrupo A1 de calquera administración autonómica, estado, local e xustiza. Pero non lles chega, e agora queren abrilos a persoal docente e sanitario.
Na nosa Administración Autonómica temos 3.052 postos de subgrupo A1, dos que 936 xa son de nivel 30, 28A ou 28B; polo que nos quedan outros 2.116 postos do subgrupo A1 que poderían acceder aos postos que agora pretenden abrir aínda máis. Entre todos eles e elas, non atopan 6 persoas que se consideren axeitadas?
A apertura xa existente a outras administracións (CC.AA, Estado, Local e Xustiza), non a compartimos, pero ata podemos chegar a entendela como un "mal menor". Pero o persoal docente e sanitario ten uns procesos selectivos e unhas funcións tan diferentes cos do persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, que este movemento só ten a explicación de querer moldear os postos para colocar "amigotes".
Con esta modificación, a Vicepresidencia primeira demostra unha total desconfianza ou menosprezo das empregadas e empregados públicos do subgrupo A1 que ten na propia Administración Autonómica. A mensaxe que transmiten é que este persoal non ten os suficientes coñecementos para poder ocupar un posto de nivel 30 como estes, e polo tanto hai que traer persoal doutras administracións. Mesmo persoal sen formación en funcións administrativas.
Da igual entrar en calquera administración, co temario e as probas que sexan, que despois xa vales para ir para a Xunta de Galiza. É unha ofensa ás empregadas e empregados públicos da Administración Autonómica galega que tiveron que esforzarse, estudar e aprobar unhas oposicións cada vez mais duras, que se algún día queren aspirar a un nivel 30, as súas opcións vense minguadas pola apertura a outras administracións.
- Detalles
No DOG do 06/09/2023 publican:
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A1).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C1), e para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo B).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo AP).
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas a través do aplicativo FIDES (https://fides. xunta.gal).
A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación, de ser o caso, da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
- Detalles
No DOG do 06/09/2023 publican:
- RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 2:
Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14, 14ª do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.
Este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.
- RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 3:
Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e para o ingreso en diversas categorías do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galiza. Segundo.
Este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 12.30 horas.
- RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 4:
Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, e para o ingreso en diversas categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza.
Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, e para o ingreso en diversas categorías do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II).
Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (grupo B), e para o ingreso en diversas categorías do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).
Este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.
- Detalles
No DOG do 05/09/2023:
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A1).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C1), e para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo B).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo C2).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galiza (subgrupo AP).
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas a través do aplicativo FIDES (https://fides. xunta.gal).
A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación, de ser o caso, da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
Así mesmo, e segundo a base I.4 das que rexen o proceso selectivo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, polo que terán que realizar a proba de coñecemento da lingua galega.
- Detalles
No DOG do 04/09/2023 publican:
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza e de persoal laboral propio do Cixtec (grupo II).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 100 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 21 e 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas a través do aplicativo FIDES (https://fides. xunta.gal).
A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación, de ser o caso, da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Así mesmo, e segundo a base I.4 das que rexen o proceso selectivo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, polo que terán que realizar a proba de coñecemento da lingua galega.
- Detalles
O persoal, sen convenio desde xuño, insta a Medio Rural a apertura dun proceso de negociación.
Delegados e delegadas da CIG das catro provincias galegas presentaron esta mañá, no rexistro da Xunta de Galiza, preto de 700 sinaturas de traballadores/as do servizo de incendios para instar á Xunta a que negocie as súas condicións laborais, xa que están sen convenio dende o 1 de xuño deste ano.
A Consellaría de Medio Rural deixou sen regular as condicións laborais dos postos de traballo do persoal funcionario do SPIF, bombeiros e bombeiras forestais, emisoristas e vixilantes ou persoal das brigadas helitransportadas, entre outros, que teñen un réxime especial de prestación de servizos con quendas, noites, horarios diversos e alongados, limitacións de vacacións e outros permisos e dereitos, riscos extremos derivados do perigo de traballar na extinción dos incendios forestais da Galiza.
Aínda así, nesta campaña estase a traballar porque, polo de agora, a Consellaría do Medio Rural mantén unha sorte de status quo neste verán do 2023, pois a carteleira aínda está a ser compartida con outro persoal que si ten convenio. Porén, xa hai problemas de horarios diferentes entre bases, distritos e provincias, producindo diferenzas nas condicións laborais de traballadores/as que cobran igual, e dándose episodios de abuso laboral por parte da consellería, como a obriga de traballar, até o de agora, 11 horas/xornada durante todo o ano -e non só na campaña de verán-, que vén de se mudar pola obriga de traballar de orto a ocaso nas bases helitransportadas ourensás, ou impor as datas para o goce de todos os días de vacacións e permisos.
Negociación
A CIG-Autonómica vén demandando, desde o pasado ano, a negociación das condicións laborais do persoal previas á funcionarización. Ante a inacción da administración, este mes de xullo presentamos queixa ante a Valedora do Pobo que iniciou actuacións. A funcionarización deixa sen convenio ao persoal recentemente funcionarizado, que non ve recollido os dereitos laborais vinculados á especial prestación de servizos que se desenvolve no SPIF.
Nin o Acordo de Concertación nin o Decreto de funcionarización obrigan á Administración a que os novos postos funcionariais teñas os dereitos do V Convenio Colectivo Único transitoriamente, mentres non se negocie unha nova regulación.
A este respecto hai que sinalar que o pasado 13 de xuño entrou en vigor a funcionarización do persoal do SPIF que quixo acollerse a este procedemento. Os que continúan como laborais están acollidos no V Convenio Único pero coa mobilidade restrinxida e outros dereitos recortados desde 2012, como as compensacións por domingos e festivos.
Por iso consideramos que é necesario un Acordo marco regulador que parta dos dereitos do V convenio único e que minimice as posibles diferenzas de dereitos entre persoal funcionario e laboral.
Fronte a iso, denunciamos o proceder da Dirección Xeral de Función Pública, da Consellería do Medio Rural e, nomeadamente, do director xeral de Defensa do Monte que impón mediante circulares protocolos de actuación e funcións sen negociar.
Sinalamos aos titulares de Función Pública e da Consellería como responsables de que hoxe esteamos sen dereitos laborais por estas prestacións especiais de servizo incumprindo toda a normativa laboral e o Estatuto Básico do Empregado/a Público.
