Dentro dos actos do 10 de Marzo “Dia da Clase Obreira Galega”, na nosa Comarca acordamos celebrar nesa data unha Concentración ás 11:30 horas na Praza de Galicia de Compostela.
As persoas á fronte da EGAP escúndanse na falta de medios para a privatización da elaboración dos temarios de promoción interna e libre do persoal da Xunta de Galiza, un antigo compromiso que a EGAP incumpre ano tras ano.
Na CIG levamos moitos anos lembrándolle á EGAP o compromiso de elaboración dos temarios, tanto no referido á promoción interna como á libre. Até o de agora as respostas sempre foron evasivas, e remitíasenos á responsabilidade de Emprego Público neste asunto ou ...
Viñeron compañeiros/as ou chamaron aos locais da CIG para comunicarnos que querían restrinxirlles o teletraballo dende unha determinada data. Segundo relatan, non se podería teletraballar nin os luns nin os venres. Ante esta información algún/a xefe/a confirmounos que había ordes de "enriba" para restrinxir o teletraballo "por razóns de servizo".
Na Comisión de Persoal do día 27 de marzo preguntamos á directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), sobre se había ...
As relacións de postos de traballo deben ser os documentos técnicos que desenvolvan as prazas e as súas características dentro dunha consellaría. Teñen que estar baseadas en datos obxectivos, en funcións a desenvolver e na formación axeitada para cada posto.
Sempre foi así? Pois non. Moitas RPTs, herdadas da truculenta época Fraga, facíanse ad hoc para colocar amiguiñas e amiguiños ou xente recomendada afín á ideoloxía e ao partido dominante.
Traemos hoxe o exemplo da Consellaría da ...
A precariedade laboral do persoal lingüista da Xunta e a oferta insuficiente da formación en linguaxe galega: dúas caras da mesma moeda.
O persoal laboral indefinido descontinuo, da categoría 40 do grupo I, titulado superior lingüista, da Administración Xeral da Xunta, que imparte os cursos de linguaxe galega programados pola Secretaría Xeral da Lingua, vive nunha precariedade laboral importante: non se lle programan actividades para todo o ano, non chegando nin ao 50% da xornada nin das ...
A CIG-Administración Pública realizou mobilizacións nas diferentes comarcas contra a precariedade salarial e para avanzar nos dereitos laborais. Con este obxectivo reclamámoslle ao Goberno español que convoque a Mesa Xeral das Administracións Públicas para abordar unha serie de medidas que permitan reverter o empobrecemento no contexto de negociación dos Orzamentos Xerais do Estado. Porén o Goberno do estado pretende fuxir de novo da mesa legal de representación para buscar outro pacto ...
Entre os cometidos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) atópase a formación do persoal propio da Administración. Boa parte desta formación impártea persoal empregado público, que é seleccionado polos órganos de dirección das diferentes consellerías en colaboración coa EGAP.
A Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas; o Real Decreto 598/1985, do 30 de abril, sobre incompatibildiades do persoal ao servizo da ...
Lembren estes nomes: Alfonso Rueda, Ánxeles Vázquez e María Jesús Lorenzana. O tres forman o que o outro día, na Pobra do Caramiñal, chamábase o trío da vergoña.
Rueda parece un neno caprichoso que non sabe dar o seu brazo a torcer. Aínda que as galegas e galegos digamos ALTRI NON e MINA DE TOURO NON, por miles, por centos de miles, el fai oídos xordos e sigue encabuxado. As outras dúas, Ánxeles e María Jesús, son coma as familiares compracentes que lle rin as gracias ao neno caprichoso. ...
A Xunta segue apostando pola privatización da atención aos menores infractoresO pasado 20 de marzo publicouse a Resolución pola que se autoriza o inicio e a convocatoria, mediante o procedemento de “concerto social”, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación ...
A prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza funcionaba ata o de agora con relativa normalidade agás a xa endémica opacidade da Xunta e a reiteración do incumprimento da convocatoria das Comisións de Seguimento para que as organizacións sindicais poidamos exercer un control.
Mais nos últimos días están a chegar queixas do persoal por limitacións ao teletraballo en diferentes departamentos por medio dun correo ou incluso de ...
O pasado 3 de marzo a Xunta de Galiza, nunha comparecencia pública do Presidente Rueda, anuncia o Plan de axilización e simplificación dos trámites da dependencia e discapacidade. Este plan, implementado dende xaneiro, basease segundfo refiren en:
Anos, e mesmo décadas, para conseguir completar os dous niveis (medio e superior) de linguaxe administrativa galega: este é o panorama ao que nos enfrontamos o persoal da Administración xeral da Xunta e entes instrumentais, dada a reducidísima oferta de prazas ano tras ano.
A EGAP ten por lei entre os seus fins a difusión e a normalización do idioma galego na Administración Pública, a capacitación lingüística do persoal e maila participación na fixación da linguaxe técnica, administrativa ...
Dentro dos actos do 10 de Marzo “Dia da Clase Obreira Galega”, na nosa Comarca acordamos celebrar nesa data unha Concentración ás 11:30 horas na Praza de Galicia de Compostela.