Inicio
Mércores, 01 Abril 2026

Que doado é retirar postos do concurso de escalas sociais no canto de buscar solucións

O día 27/03/26 saíron publicadas no DOG as puntuacións provisionais das persoas participantes no concurso de escalas sociais (F0525).

E como agasallo, xunto coas puntuacións, a DXEP retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social).

Ese mesmo día, na Mesa sectorial de persoal funcionario a CIG pediu explicación á directora xeral e esta non se dignou a contestar ...


Xoves, 26 Marzo 2026

A saúde pública non pode esperar: vacantes sen cubrir, comisións bloqueadas e restricións de teletraballo sen sentido en Ourense

A CIG mantivo o pasado mércores 18 de marzo unha reunión coa directora territorial de Sanidade e o xefe de persoal para abordar o teletraballo, a falta de persoal e a situación de distintos servizos.

Teletraballo

Trasladamos a queixa do persoal pola limitación a un único día semanal, unha decisión difícil de entender cando o Acordo vixente permite até o 50% das xornadas e cando a maioría dos postos desenvolven funcións administrativas e técnicas que se realizan de maneira dixital

A ...


Xoves, 26 Marzo 2026

O PLADIGA 2026 mantén conxelado o persoal propio e afonda na externalización do operativo de alto risco

A Xunta non aumenta persoal para a extinción de lumes

O PLADIGA 2026 non incorpora ningunha praza nova de persoal propio da Xunta para a extinción de lumes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Mantén exactamente os mesmos efectivos que en 2025: 276 brigadas de terra e 12 brigadas helitransportadas.

Nin máis persoal técnico, nin bombeiro, nin emisorista-vixiante, nin axentes de investigación (UIFO) ou directores técnicos de extinción. O único incremento de persoal propio ...


Martes, 24 Marzo 2026

Aproban o novo PLADIGA 2026 sen negociar, una ano máis

A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes

Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando completamente á representación do persoal que traballa nos lumes.

Esta decisión prodúcese, ademais, tras un ano 2025 marcado polo ...


Martes, 24 Marzo 2026

Onde están as 35 horas na Xunta? Oito anos sen avances

Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais.

Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade política.

Un marco que permitía avanzar, pero non obrigaba

O Acordo estatal de 2018 abría a posibilidade de que cada ...


Mércores, 18 Marzo 2026

CIG denuncia á Consellería de Política Social diante a Inspección de Traballo

A Consellería de Política Social incumpre a Lei de prevención de riscos laborais. Na Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS), as traballadoras embarazadas das escolas infantís de cero a tres anos están sometidas a un risco biolóxico inaceptable.

As empresas e institucións con persoas empregadas a cargo teñen que protexer aos seu cadros de persoal ante os riscos derivados do traballo

Cando non existen no servizo postos exentos de risco para o embarazo, a empresa, neste caso a Consellería ...


Mércores, 18 Marzo 2026

O TSXG resolve que o persoal de servizos xerais non ten que facer as tarefas de limpeza ordinaria dos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A CIG interpuxo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, vivendas comunitarias e escolas infantís, a obriga habitual (non puntual nen excepcional) de realizar a limpeza dos seus propios centros de ...


Mércores, 18 Marzo 2026

A CIG mobilízase en Educación e entrega máis dun milleiro de sinaturas pola negociación dun acordo para o persoal non docente

Preto de 5.000 traballadores e traballadoras de Administración e Servizos dos centros de ensino carecen dunha regulación actualizada das súas condicións laborais

A CIG mobilizouse o martes 17 de marzo diante da Consellería de Educación para reclamar a apertura dunha mesa de negociación que permita aprobar un acordo de condicións de traballo para o persoal de Administración e Servizos dos centros educativos da Xunta de Galiza. Aproveitando a concentración ás ...


Martes, 17 Marzo 2026

A CIG exixe a constitución da Comisión de Seguimento do Acordo que regula a prestación de servizos no Parque Nacional Illas Atlánticas

O 17.03.2026 a CIG e as demais organizacións sindicais asinantes do acordo polo que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, rexistramos unha solicitude dirixida á D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal, para a constitución da Comisión de Seguimento do devandito acordo e a convocatoria da primeira xuntanza o máis axiña posible.

Nestes meses ...


Luns, 16 Marzo 2026

A asemblea do Proceso Social de Lingua Vital ratifica o protocolo para reverter a emerxencia lingüística

«Na Galiza en galego» foi o clamor que se escoitou na mañá de sábado chuvioso do 14 de marzo na praza da Quintán de Compostela.

   

Queremos Galego, plataforma da que a CIG forma parte, vén de celebrar o 14 de marzo a asemblea na que someteu á aprobación da sociedade galega o Protocolo Lingua Vital. Este instrumento, en cuxa elaboración participou a CIG-Autonómica, ten como obxectivo reverter a emerxencia lingüística, e é froito do traballo de 57 entidades de ...


Luns, 16 Marzo 2026

Á Xunta non lle importa a saúde do seu persoal ainda que traballen con gas radon

O día 10 de marzo de 2026 tiñamos unha convocatoria ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais (SSCC) despois de case un ano dende a anterior reunión, que foi o 31/03/2025. Nesa reunión de 2025 a CIG xa preguntara polos resultados das medicións de radon nas diferentes oficinas de SSCC, ao que nos responderon que primeiro tiñan que reunirse co Comité Intercentros de Saúde Laboral e logo valorar as medidas que habería que tomar por causa deste gas canceríxeno. Nós ...


Persoal laboral

En canto ao concurso do grupo V, e pese a recente modificación, a revisión das baremacións está enfilada e a Administración pon como xuño, a máis tardar, a data limite para a publicación no DOG da resolución. Con relación a convocatoria dos grupos I-IV, a Administración augura (e anuncia en prensa a bombo e platillo) que convocará máis de 1.500 prazas en abril.

Desde a CIG valoramos esta data como precipitada dado o estado de inexistencia da fase de negociación das bases da convocatoria. Por outra banda, coma xa coñecemos a tradición da Administración na aproximación de datas que non se cumpren, tomamos esta información con reserva.

Persoal funcionario

O único certo é que en abril se publicará a resolución do concurso da escala de persoal veterinario. Despois comezarase coa elaboración das bases do concurso de corpos especiais, claro que tampouco concreta a que se refiren exactamente con "despois". Tamén comentou o director xeral de Función Pública a posibilidade do concurso do persoal informático no terceiro trimestre deste ano.

Por último, do concurso de corpos xerais non se sabe nada de nada. Cómpre recordar que se cumpren 2 anos das tomas de posesión do anterior en abril do 2013 co que poida que saquen un antes desa data. Do que en repetidas ocasións falou o director xeral é que sería pequeno (300-500 prazas) e que tecnicamente non levaría moito tempo resolvelo (dada a informatización do sistema).

Uso dos concursos como propaganda institucional

Desde a CIG criticamos o uso propagandístico que se fai desde a Xunta de Galiza dos concursos de traslados para encher medios de comunicación. Supoñemos que dado que as OPEs desapareceron do mapa, o que lle queda por vender son as prazas que se convocan nos concursos de traslados. ("A Xunta convocará máis de 1.500 prazas no primeiro concurso de traslados do persoal laboral desde o 2005")

Mención a parte merece o ton da nova no que o director xeral de Función Pública da a entender que tivo chegar o novo goberno para poñer orde no tema dos concursos ("non se convocaba desde 1994" destaca no caso do concurso da escala de persoal veterinario ou "a última convocatoria data do 2005" fai fincapé no caso do de persoal laboral). Habería que lembrar que o actual goberno leva máis de 3 anos nos que, ademais de dar múltiples datas que foron sistematicamente incumpríndose, non foi capaz máis que desenvolver de xeito completo 1 concurso de corpos xerais de persoal funcionario.

Desde a CIG consideramos que xa de ter feito unha xestión tan patética do dereito á mobilidade dos empregados públicos o director xeral debería ter a decencia de gardar silencio e non ir presumindo na prensa do pouco que leva feito do que, por outro lado, non deixa de ser parte das súas funcións.