Inicio
Venres, 24 Abril 2026

Solicitude de mesa de negociación por vixilancia de estradas

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, presentamos o 23 de abril un escrito conxunto no que solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación sobre o persoal da escala de vixilancia de estradas.

O obxectivo é establecer medidas que garantan a correcta identificación do persoal empregado público desta escala, así como a dos medios de locomoción que utilizan no desenvolvemento das súas funcións, e diferenciar claramente a este persoal con respecto ao das concesionarias privadas dedicadas á ...


Mércores, 22 Abril 2026

Video da asamblea da CIG por Persoal Non Docente e Cociñas (do 16/04/26)

A CIG-Autonómica pon á túa disposición o video da asemblea telemática do pasado 16 de abril de 2026 por un Acordo de condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e pola profesionalización das escalas de cociña.

A asemblea foi telemática, transmitida en directo por YouTube. Ten unha duración de unha hora e 31 minutos. Durante o seu desenvolvemento, os compañeiros e compañeiras puideron interactuar connosco a través de chat.

A CIG insiste na ...


Luns, 20 Abril 2026

A CIG consegue que os trienios do persoal descontinuo se cobren ao 100%

Desde a CIG temos o orgullo de anunciar unha nova vitoria xudicial que pon fin a unha discriminación que viña sufrindo o persoal laboral fixo, indefinido e descontinuo da Xunta de Galiza

A CIG foi o único sindicato que tomou a iniciativa de presentar un conflito colectivo contra a Xunta para denunciar que a Administración non estaba recoñecendo correctamente o valor dos nosos trienios.

A Xunta de Galicia, ata o de agora, aplicaba un criterio de prorrata temporis. Isto significaba que, aínda ...


Luns, 20 Abril 2026

Situación dos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF

Resolución do Tribunal Supremo sobre os recursos do proceso de estabilización

O Tribunal Supremo (TS) vén de comunicar o rexeitamento a trámite, por razóns formais sen entrar no fondo, dos recursos presentados tanto pola CIG como pola Xunta de Galiza en relación cos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF. Esta decisión ten como consecuencia inmediata que a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en novembro de 2024 adquire carácter de firme.

A ...


Venres, 17 Abril 2026

A CIG esixe a publicación inmediata da toma de posesión dos axentes ambientais

As persoas que aprobaron o proceso selectivo da escala de axentes técnicos en xestión ambiental, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Resolución do 16 de novembro de 2023, publicada no DOG núm. 221 do martes 21 de novembro do 2023), seguen sen coñecer en que data van tomar posesión dos seus postos.

Como é lóxico e normal, estas persoas teñen familia, e probablemente moitas delas vaian ter incluso ...


Xoves, 16 Abril 2026

Nin 35 horas, nin máis teletraballo nin plan de mobilidade

Mentres a guerra en Oriente Medio e a tensión no estreito de Ormuz agravan a crise enerxética e a carestía da vida, a Xunta segue sen adoptar medidas que reduzan os desprazamentos do seu persoal. Reclamamos actuacións inmediatas para reducir custos económicos, desprazamentos e consumo enerxético

A escalada da crise enerxética e da carestía da vida, agravada pola guerra en Oriente Medio e a tensión no estreito de Ormuz, está a ter un impacto directo nos custos da enerxía e dos ...


Mércores, 15 Abril 2026

A CIG logra que as traballadoras da AGASS teñan protección ante o risco biolóxico no embarazo

A CIG, hai xa dez anos, que logramos a protección das traballadoras embarazadas das escolas infantís do Consorcio, fronte o risco biolóxico no embarazo, tras unha sentenza dun xulgado do social de Vigo, ratificada polo TSXG.

Non foi doada a aplicación plena da sentenza e a implementación dun protocolo que protexera as traballadoras embarazadas dende o momento que comunicaban a situación de embarazo. Despois de inxentes xestións e denuncias ante a autoridade laboral conseguiuse que se fixera ...


Mércores, 15 Abril 2026

Servizo de Vixilancia Epidemiolóxica(SAEG). Por un acordo de condición de traballo

O SAEG, un servizo esencial do que depende a saúde da poboación galega ven desenvolvendo a súa actividade nunhas condicións laborais inasumíbeis para o persoal

O persoal funcionario do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Galiza -incluíndo aos  Servizos de Vixilancia Epidemiolóxica dos Departamentos Territoriais de Sanidade  e do Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (CEGACE)-, garante a atención continuada das alertas de saúde pública as 24 horas do día, todos os días ...


Martes, 14 Abril 2026

Corpos xerais: resolución do concurso de traslados e elección de destino

Este venres, 17 de abril, publícase a resolución do concurso ordinario de traslados dos corpos sen escalas de Administración xeral (corpos xerais). Previamente, ao longo da mañá do martes 14, será publicada a información no web de Función Pública. Na resolución non aparecerá a data de cesamento e toma de posesión, que será publicado posteriormente de xeito coordinado coa data de toma de posesión do persoal dos procesos selectivos.

Canto ás eleccións de destino pendentes, tamén para corpos ...


Luns, 13 Abril 2026

Xubilación anticipada para os Gardacostas: crónica dunha discriminación

Urxe desbloquear o expediente para a xubilación anticipada do persoal de Gardacostas. A falta de actuación tanto da Xunta, que non se adheriu ao procedemento, como do Estado, mantén paralizada a súa tramitación.

O persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza continúa nunha situación de discriminación que, a día de hoxe, segue sen solución. Nos últimos días volvemos a instar dende a CIG a activación do expediente para o recoñecemento dos coeficientes redutores, reiterando a solicitude de ...


Venres, 10 Abril 2026

Persoal Non Docente e Cociñas: Asemblea aberta, mércores 15/04/26

A CIG convoca unha asemblea aberta a través de internet para tratar as condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral.

Debateremos unha proposta de Acordo de dereitos laborais, e falaremos das accións de loita que podemos seguir.

Vai ser o mércores 15 de abril, ás 18:00 horas, a través de https://i.gal/pnd150426

A transmisión será en directo a través de Youtube. Durante o evento estará activo un chat para que poidas intervir.


Acceso libre

Para acceso libre ofertan 502 prazas, todas para persoal funcionario. Segundo o director de Función Pública, este número sae de sumar todas vacantes xeradas no 2017. Algunhas serán por concurso-oposición e outras por oposición, dependendo de se existe oferta doutros anos (ou deste) que se poidan acumular para sacar nunha única convocatoria (nese caso sería concurso-oposición). Con este número seguiremos moi por debaixo do nivel de emprego de antes da crise. Non ofertan nin unha soa praza para persoal laboral, como se non houbese vacantes no 2017.

 

 

Promoción interna

A promoción interna será de 200 prazas, exclusivamente para persoal funcionario de corpos xerais. Excepcionalmente permiten participar ao persoal da escala de inspectores/as de consumo (A2), e de inspección turística (A2). Función Pública rexeitou a petición da CIG de permitir a promoción dende calquera escala ou corpos especiais. Tampouco haberá promoción dende xeral a escalas/especial, neste caso simplemente porque non existe oferta en escala/especial. En todo caso a oferta de promoción interna non se aproximará ao 50% que reclamamos. Tamén se negan a convocar oferta de promoción interna para persoal laboral.

 

Funcionarización

A funcionarización afectaría ao persoal laboral fixo que ocupe postos en RPT clasificados de persoal funcionario ou se poidan clasificar como tal. Entrarían aquí aqueles para os que existe unha escala de funcionario creada por lei (bombeiros forestais, servizos sociais, etc). Pero resulta ser caótico: como é posíbel que nun mesmo centro, dúas persoas da mesma categoría, apareza a funcionarizar unha si e outra non? O director de Función Pública asegura que entre a OEP do 2018 e a do 2020 corrixirán os erros e entrarían todas as prazas.

Consistirá en superar un concurso-oposición voluntario no que o persoal laboral fixo que o supere adquiriría a condición de funcionario de carreira  na escala correspondente adxudicándoselle o mesmo posto que ocupaba.

A CIG reclamou, sen éxito, a convocatoria previa do concurso de traslados, unha promoción interna como persoal laboral, así como a negociación previa de aspectos como os complementos para compensar os pluses de singularidade (toxicidade, perigosidade, etc) dos postos así catalogados e que non teñen equivalencia nos complementos de persoal funcionario. Finalmente, na OEP-2018 ofertan a funcionarización exclusivamente a postos de corpos xerais e escalas de informática. En total serían 577 prazas no 2018.

 

Consolidación de persoal indefinido non fixo

Nesta OEP van ofrecer 226 prazas. Isto afecta ás prazas con sentenza de indefinición creadas en RPT. Función Pública recoñece que hai máis e que deron ordes ás consellerías para realizar os trámites en RPT para cumprir as sentenzas, prazas que serían ofertadas en sucesivos anos. O procedemento consistirá nun concurso-oposición de libre concorrencia no que a fase de concurso será do 40% (repartidos en 35 para servizos prestados na categoría e 5 para formación).

A CIG reglamou que se oferten xa todas as prazas nesta OEP.

 

Estabilización de emprego temporal

En cumprimento da Lei de orzamentos do Estado para o ano 2018, ofertan 720 prazas. Inclúen prazas de carácter estrutural dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1/1/2005. A forma de acceso será mediante concurso-oposición e libre concorrencia. Quenes superen o proceso terán destino en postos ocupados por persoal temporal. A CIG reclama que se oferten todas as prazas vacantes.

 

A Oferta de Emprego das escalas sanitarias

Na mesma Comisión de Persoal tamén se aprobou a OEP-2018 das escalas sanitarias (Lei 17/1989). Neste caso foi aprobada co voto en contra de todos os sindicatos. Nesta OEP ofertan 61 prazas, das que 7 son de reposición de efectivos e 54 de estabilización. Os números son insuficientes, a promoción interna non conta co 50% das prazas e non se permite promocionar dende calquer corpo/escala/categoría.

Nesta oferta de emprego non se cumpriu o deber de negociación colectiva que marca o EBEP e a LEPG, pois en ningunha das tres xuntanzas nas que falamos do tema contamos con interlocución con capacidade de negociación. Así que tivemos que limitarnos a presentar a nosa postura sen ter quen nos dera réplica. Nen sequera tivemos prazo para presentar alegacións escritas. Xa que logo, a CIG presentou un escrito ante a Mesa Xeral de días previos para deixar constancia dos incumprimentos na negociación, e valoramos presentar unha impugnación xudicial. 

Proposta de Acordo das OEPs do 2018 a 2020

Ás 9:45 recibimos correo electrónico de Función Pública cunha proposta de acordo sobre as OEPs 2018 a 2020 e o seu desenvolvemento, para tratar na Comisión de Persoal do mesmo día. O director xeral de Función Pública pretendeu votar a proposta, o que deu lugar a bronca por parte de CIG e CSIF. Negámonos a votar un documento entregado unhas horas antes, sen tempo a discutilo. Quedou claro que o texto, cualificado de "grata sorpresa" por un sindicato, era do coñecemento previo de CCOO e UGT. 

Tras a bronca, e tras un receso, a Administración presentounos unha nova proposta, quedando a súa negociación para tratar nun futuro inmediato. Do novo texto, pendente de análise, temos:

  • As prazas a funcionarizar na OEP-2018 serían 577. E comprométense a ofertar 2.177 entre 2018 e 2020. Garanten que non haberá perdas de retribucións.
  • Comprométense a incluir na OEP do 2019 as prazas pactadas en diferentes acordos (legoeiros, SPDCIF e Consorcio). Pero este compromiso xa estaba pactado para o 2018, así que se incumpriron os pactos previos, porque temos que crer que van cumprir este?
  • Nas diferentes convocatorias da OEP-2018 acumularán 192 postos da OEP de 2016 e 421 da do 2017. Din que as convocatorias serían no primeiro trimestre do 2019. Pero xa estamos queimados de tanto cronograma incumprido.
  • Nas OEPs do 2019 e 2020 presentarían 200 prazas para promoción interna. Supoñemos que para persoal funcionario, porque de persoal laboral non teñen intención de ofertar nada.
  • No 2019 ofertarían 730 prazas para estabilización. Irían prazas do Consorcio e SPDCIF. No 2020 serían 900 de estabilización (dos que uns 600 serían do Consorcio).