Inicio
Venres, 21 Febreiro 2025

Quen vai a facer a comida nos comedores escolares?

A CIG Autonómica ven de solicitar unha xuntanza urxente coa Consellería de Educación para que de solución a falta de esixencia de formación en cociña para a elaboración da comida nos centros escolares públicos.

As cociñas e comedores públicos, nos que están incluídos os comedores escolares dos centros de ensino dependentes da Consellería de Educación, teñen a obriga de implantar un sistema APPCC (Análise de Puntos de Control Críticos) e un Programa de Seguridade Alimentaria que inclúe a ...


Venres, 21 Febreiro 2025

Carreira profesional de 2019: "non rectifico pero sigo enleando..."

Algún sindicato non só asinou acordos en 2019 que deixaban fóra a moito persoal, senón que seguiron asinando acordos sen que se restituíra o dereito a cobrar dende esa dataO acordo asinado no 2019 por CCOO, UGT e a Xunta, privaba ao persoal interino e temporal, e incluso ao laboral fixo do Consorcio, da carreira profesional.A CIG interpuxo unha demanda contra este Acordo que discriminaba ao persoal temporal e interino incumprindo a normativa europea. Gañamos a sentenza e a Xunta non atopou ...


Mércores, 19 Febreiro 2025

A directora da EGAP di que non suprimiu os actos conmemorativos oficiais do Día das Letras Galegas 2024 porque enviou un vídeo por email

Ante a denuncia da CIG a responsábel da EGAP manifestou que non suprimiu nada, só cambiou o «xeito» no que se celebran as nosas Letras con respecto a anos anteriores. 

A xuntanza complementaria (06/02/25) ao consello reitor de 26 de decembro de 2024 trouxo cola e temos que ir por capítulos. Dado que a dinámica habitual da dirección da EGAP é dar a calada por resposta, por parte da CIG reiterámonos en todos os asuntos expostos no consello reitor, entre os que está a supresión dos actos ...


Luns, 17 Febreiro 2025

Augas de Galiza non seguiu o proceder habitual para a tramitación da autorización da pasteira de Altri en Palas de Rei

Opacidade e presións ao persoal funcionario para a autorización de Altri

Malia o forte clamor de toda Galiza e a enorme presión social e política contra a instalación da pasteira de Altri ―proxecto Gama―,  a Xunta do PP teima en seguir adiante co proxecto da pasteira na Ulloa.

Na busca de calquera argumento que xustifique o «si» que xa lle teñen dado publicamente á instalación da pasteira, desta volta centran o seu discurso no persoal funcionario que ten que elaborar os informes e ...


Xoves, 13 Febreiro 2025

Retribucións e compensacións económicas por impartir formación na EGAP

Nos últimos meses a CIG alertou polo xeito de proceder da EGAP e da AGASP no referente á formación dos empregados e empregadas públicas, coa colaboración e complicidade das consellerías. 

Centrándonos na EGAP, as nosas queixas e denuncias van encamiñadas, entre outras cuestións, á inexistencia de criterios e transparencia na escolla de docentes, coordinadores/as e demais figuras precisas para a organización da formación do persoal empregado público.

Formación impartida e concursos ...


Martes, 11 Febreiro 2025

Simulacro de negociación no Consorcio e na AGASS

Despois de meses solicitando reunirnos con Política Social para tratar os tempos de programación nas escolas infantís, acceden para que pareza que negocian, pero xa traen todo pechado.

Este venres 7 de febreiro, o Comité Intercentros reuniuse con representantes do Consorcio, da AGASS e de Política Social. O obxecto da xuntanza era a negociación dos tempos de programación perdidos hai un ano; loita na que a CIG leva dende o inicio. O que nos trasladan é un calendario escolar para o vindeiro ...


Luns, 10 Febreiro 2025

En aplicación da lei básica de bombeiros forestais, a CIG esixe os coeficientes para a xubilación anticipada e o catálogo de enfermidades profesionais

Consideramos que non hai que esgotar o prazo dun ano que da lei 5/2024 tanto para o establecemento dos coeficientes redutores da xubilación anticipada como para a constitución da comisión de avaliación de enfermidades profesionais.

A CIG vén de reiterar ante o Goberno español a necesidade de avanzar no establecemento dos coeficientes redutores para a xubilación do persoal bombeiro forestal.

E ao mesmo tempo, por ter a consideración legal de organización máis representativa en base á Lei ...


Luns, 10 Febreiro 2025

Piratería enerxética no Parque Nacional Illas Atlánticas

Na Illa de Ons a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xera e distribúe electricidade de xeito irregular á veciñanza e negocios á custa da seguridade e saúde do seu persoal, pero ademais págalo ti!O pasado mes de decembro o delegado de prevención de riscos laborais da CIG no Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC) realizou unha visita a Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza. Os ...


Mércores, 05 Febreiro 2025

Tribunal educadores/as sociais, erro na súa composición?

Onte, día  4 de febreiro dende a CIG mandamos un escrito dirixido a Función Pública advertindo do que consideramos un erro na composición do tribunal nomeado pola resolución do 30 de xaneiro que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a ...


Martes, 04 Febreiro 2025

A Xunta pretende culpabilizar ás empregadas públicas dos atrasos da Dependencia

O problema real é a falta de persoal!

Os atrasos na tramitación da dependencia e da discapacidade, tanto no proceso de tramitación, concesión de prestacións etc, teñen unha duración superior a un ano. Durante moitos anos dende a CIG levamos insistindo na creación de novos equipos e na dotación de prazas para que a cidadanía poda acceder nun prazo razoábel aos servizos que se prestan. A Xunta non só se inhibe senón que tenta poñer na diana ao seu propio persoal cunha novidade: achaca o ...


Luns, 03 Febreiro 2025

Modificación RPT Educación: cambio na estrutura da Consellería = destrución de emprego

Pasou medio ano dende a primeira e última vez que falamos desta proposta coa consellería de Educación (23/07/2024) . Do que aconteceu daquela demos conta aqui e o único que mudou foi que na nova proposta, na vez de amortizar 21 postos para crear 12, amortizan 28 para crear os mesmos 12.Continuamos invertendo a pirámide de recursos: aumentan os “cargos” e tamén as “cargas” pero as cargas para os/as de sempre, os postos base que sempre minguan: créanse 12 postos abertos a A1/A2/C1 de nivel 25 ...


Isto foi o que asinaron CCOO, UGT e CSIF, e fronte a esta cláusula discriminatoria avalada por estas centrais está a acción sindical da CIG, que con varias sentenzas gañadas consegue unha reversión desta inxusta situación.

A CIG obra con fundamentos xurídicos dabondo, como se demostrou nos dous contenciosos gañados. Estas sentenzas, pola contía son irrecurribles, e polo tanto si un xuíz dicta que o demandante non ten dereito a cobrar os trienios ese traballador xamais os cobrará. Por iso é fundamental unha acción coordenada para que as decisións xudiciais, ante a avalancha de demandas, vaian no sentido esperado.

Quén pode presentar a reclamación? Toda aquela persoa que no período que vai entre xuño de 2004 e maio de 2007 tivesen algún trienio xerado. Esto é independente do vinculo que actualmente teña coa administración, sexa agora interino, parado, funcionario ou laboral. Se ten dereito por ter traballado nese período e ter polo menos un trienio.

Se picas aquí podes baixarte o modelo de reclamación previa, e como sabedes, tamén os locais da CIG están abertos a todos os traballadores e traballadoras que queiran presentala.