Inicio
Xoves, 14 Agosto 2025

A CIG e os outros sindicatos esiximos solucións aos problemas das gardas e seguridade dos axentes ambientais de Patrimonio Natural

E solicitamos ter unha reunión, en canto remate a vaga de lumes, coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No día de onte, 13 de agosto de 2025, enviouse comunicación aos axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural das catro provincias galegas de que acudiran a apoiar nos incendios forestais. Esta comunicación foi feita principalmente por wassapp e por emisora, sen facer referencia a ningunha instrución ou indicación de actuación ou seguridade.

O persoal da provincia ...


Xoves, 14 Agosto 2025

Arde Galiza e evidéncianse os problemas na xestión do servizo de incendios: accidentes e graves situacións de risco

Aínda non chegamos a segunda quincena de agosto e as previsións cúmprense antes de tempo. Estamos tendo unha campaña de verán de lumes durísima, altamente perigosa e con milleiros de hectáreas queimadas. Máis os expertos anuncian que o peor virá nas próximas xornadas con Grandes Incendios Forestais (GIF) e condicións de alto risco para a cidadanía e para as bombeiras e bombeiros, axentes forestais e o resto do persoal que traballa na primeira liña do lume. Nestes días xa estamos a sufrir ...


Martes, 05 Agosto 2025

A traxedia de O Porriño pon o foco na Xunta para garantir a seguridade das traballadoras/os e usuarias/os

Melloras necesarias nas residencias da Xunta, garantindo a seguridade do persoal traballador e das persoas usuarias.A tráxica morte de Teresa de Jesús González, profesional do Servizo de Atención no Fogar (SAF), non só puxo de manifesto a necesidade urxente de abordar o acoso laboral, senón que tamén fixo saltar as alarmas sobre a seguridade nas residencias da Xunta de Galiza.

O suceso subliña unha preocupación fundamental xa presente entre as e os profesionais do sector: a problemática de ...


Luns, 04 Agosto 2025

Directora da EGAP no Consello Reitor: que fastío!

Como un cura que sermona á freguesía durante unha hora, así actúa a directora da EGAP nos consellos reitores. E como un cura iracundo coas ovellas descarriladas, deste xeito se comporta a directora coa representante da CIG por non darlle xabón e levármoslle a contraria.

O mércores 30 de xullo tivo lugar unha xuntanza do órgano de goberno da EGAP, o Consello Reitor. Que fastío, que mallada nos deu a directora do ente. Que paciencia ten o conselleiro de Facenda, varias directoras e ...


Xoves, 31 Xullo 2025

Privatización do servizo de vixilancia de explotación de estradas

O pasado 10 de xuño, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publicou na páxina de Contratos Públicos de Galiza a documentación relativa á contratación da conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas dependentes da Xunta de Galicia. Nos pregos desta licitación figuran os requisitos e tipo de persoal con dedicación exclusiva que deben contratar as empresas adxudicatarias do contrato.

A vixilancia de conservación xa ven sendo realizada dende fai anos polas empresas ...


Mércores, 30 Xullo 2025

A CIG pide a retirada da denominación sexista «Valedor do Pobo» da fachada do edificio da institución

A entidade está a negociar cos sindicatos o seu I Plan de Igualdade, que chega 18 anos tarde ―contando con que a súa aprobación sexa en 2025

A pesar de que dispoñemos cada vez de máis lexislación no eido da igualdade, o seu incumprimento é sistemático por parte das administracións, sen que teña consecuencias que as disuadan do contrario.

A lexislación obriga ás administracións públicas a dotarse de plans de igualdade dende o ano 2007, sen importar o número de persoas traballadoras que ...


Luns, 28 Xullo 2025

Caos nas probas visuais da Consellería do Medio Rural

Tras dous anos agardando pola creación das listas de escalas de persoal funcionario do Servizo de Prevención e Incendios Forestais (SPIF), fixeron unha apertura extraordinaria destas listas en xaneiro, seica pola urxencia, pero as probas non as fixeron ata a semana pasada, en plena campaña de alto risco.

Na proba visual, realizada na EGAP o 23 de xullo, houbo unha descoordinación tal que provocou atrasos nas mesmas de ata tres horas e media, e incluso que aspirantes marcharan sen ter ...


Mércores, 23 Xullo 2025

A titulación do persoal de cociña esgánaselle a Función Pública

Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á escala de auxiliar de cociña, subgrupo C2.

Na Lei de emprego público de Galiza, os requisitos de titulación esixidos ...


Mércores, 23 Xullo 2025

A CIG solicita o cese de Perfecto Muiños, xerente do Consorcio

Pola xestión deficiente da Xerencia do CGSIB qe afecta a máis de 1700 traballadoras e traballadores

INCOMUNICACIÓN E DENEGACIÓN DE DEREITOS

  • Falta de comunicación ao persoal traballador, non obtendo resposta por teléfono nin correo electrónico ante cuestións vitais que afectan ao seu día a día laboral e persoal.
  • Permisos non xestionados: non contestan coas Resolucións pertinentes, en tempo e forma, aos permisos solicitados polo persoal.
  • Ameazas e coaccións: chámase por teléfono ás ...

Martes, 22 Xullo 2025

O noxento complemento específico do persoal das asesorías xurídicas e da escala técnica e superior de finanzas segue o seu trámite!

Sen ningún tipo de negociación, sen achegar nin un só documento que indique en que se modificou substancialmente o traballo das asesorías xurídicas, intervencións e xefaturas de servizo ocupadas polas escalas superior e técnica de finanzas, a suba a través do complemento específico de entre 3.500 € e 6.100 € segue adiante, sen pudor nin rubor. Créase unha pseudocaste… porque eu váloo! 

Unha dúbida que nos xorde é esta: está o Goberno en mans destes postos para que defendan os intereses ...


Venres, 18 Xullo 2025

Educación négase a negociar as condicións de traballo do seu persoal de centros de ensino

A Consellería de educación escúsase nos procesos selectivos en marcha e no persoal docente para non negociar un Acordo para o Persoal de Administración e Servizos dos centros de ensino, nin a crear unha estrutura profesional nas cociñas.

Na Comisión de Persoal do xoves 17 de xullo de 2025, a CIG volveu a insistir na necesidade de negociar un Acordo de condicións de traballo para todo o persoal non docente dos centros de ensino e dunha estrutura nas súas cociñas co encadramento das ...


Oferta de emprego para contratacións temporais de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) de Ourense (OEP 01/07/09).

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluidos ao proceso selectivo en data 10 de Xullo. Estas listaxes están expostas no tablón de anuncios do departamento territorial da Conselleria do Medio Rural de Ourense, así como nas oficinas dos Distritos Forestais desta provincia.

Aqueles aspirantes que se atopen excluidos, terán ata o Luns 13 de Xullo de 2009, ás 14:00 horas, para subsanar o erro que motivou tal exclusión.