Inicio
Venres, 12 Setembro 2025

A DXEP non se compromete a estender a solución mais aló das 8 prazas do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

Emprego Publico convocounos a unha reunión o venres 12/09/2025 para dar explicacións sobre a solución que lle quere dar ao bloqueo do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias: 

• Das 292 persoas dos concursos de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, tomarán posesión todas menos as 8 persoas que teñen adxudicados postos afectadas por medidas cautelares, que o farán mediante unha resolución posterior sobre postos similares e con carácter de destino definitivo.

• Para iso requírese a ...


Venres, 12 Setembro 2025

A CIG demanda o establecemento dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Desde o ano 2010 o persoal empregado público perdeu máis dun 20% de poder adquisitivoA CIG rexistrou esta mañá unha Proposición non de Lei para que o Parlamento de Galiza inste á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que presente de inmediato unha proposta lexislativa que estableza unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, de xeito que os seus salarios se actualicen automaticamente cada ano en función da suba do IPC real. Unha suba que debe ser ...


Xoves, 11 Setembro 2025

O conselleiro de Facenda ofrece unha solución para os concursos de traslados pero a restrinxe a un deles. Que pensa facer co resto de concursos?

Dende a CIG esiximos o compromiso de que a solución de aportar prazas, se estenda a todos os concursos pendentes e non só se aplique ao de enxeñerías, arquitecturas e ciencias. E tamén que se comprometan a non retirar prazas vacantes ofertadas do resto dos concursos non resoltos.

O concurso de traslados de enxeñarías, ciencias e arquitecturas, xa está resolto, pero paralizado e pendente de toma de posesión. Quedou gravemente afectado por medidas cautelares que ordenan retirar prazas ...


Mércores, 10 Setembro 2025

Concursos: a única solución duplicar os postos e resolver con celeridade

Centos de compañeiros e compañeiras  acudiron ás asembleas organizadas pola CIG para falarmos dos concursos de traslados e os destinos dos procesos selectivos. 

A única solución que albiscamos dende a CIG, e que puxemos sobre a mesa nas asembleas e contou co respaldo das persoas asistentes, é a duplicación dos postos onde sexa necesario para evitar a perda de postos no concurso.

Esta é a conclusión máis importante das asembleas que realizamos en todos os edificios administrativos ...


Martes, 09 Setembro 2025

Lumes nunca máis. Participa na mobilización do domingo 14 de setembro!

A CIG-Autonómica chama ao persoal a participar na mobilización nacional do domingo 14 de setembro, para esixir a mellora das condicións laborais e a planificación preventiva no marco das medidas que eviten outra vaga de lumes

A manifestación terá lugar en Compostela o domingo 14 de setembro, ás 12:00 horas, e sairá dende a Alameda.

O persoal bombeiro e axente forestal, e o resto de persoal do SPIF, sufrimos de primeira man o descontrol e falla dunha xestión de persoal eficiente e a nula ...


Venres, 05 Setembro 2025

Asembleas polos concursos de traslados e as eleccións de destino (con cambios en Compostela e Ferrol)

Moitos dos concursos de traslados do persoal funcionario da Administración Autonómica actualmente convocados están parados ou gravemente afectados por medidas xudiciais. Dende a CIG convidámoste a asistir ás asembleas que convocamos para falarmos dos problemas e da situación de todos os concursos de traslados e das consecuencias das sentenzas e das medidas cautelares sobre prazas ofertadas que están ocupadas en destino provisional.

A asemblea prevista para o luns 8 de setembro en ...


Xoves, 28 Agosto 2025

Rueda, o máximo responsábel político da prevención e extinción de incendios na Galiza, debe cesar a conselleira de Medio Rural

Manter á conselleira e a unha cúpula de altos cargos incompetentes en Medio Rural faino máis cómplice do desastre

A traxedia dos lumes que está a padecer Galiza é en grande medida froito das políticas de prevención e extinción dos lumes do PP que a converteu nun polvorín. A CIG leva anos advertindo das carencias na prevención e na nefasta xestión da extinción que pon a sociedade e ao persoal de extinción en risco.

O persoal do Servizo de Incendios de Galiza está a facer máis do que a ...


Venres, 22 Agosto 2025

Máis de 45.000 persoas bótanse á rúa en toda Galiza contra a política forestal do PP e en solidariedade coas persoas afectadas pola vaga de lumes e co persoal do dispositivo de incendios

A CIG reclama medidas inmediatas para recuperar os bens e paliar as consecuencias, e un servizo público único, de xestión directa e dependente da Xunta de Galiza, para traballar na prevención e respostar ás multiemerxencias do medio natural e rural durante  todo o ano.

Un total de 29 localidades de todo o país acolleron o 21 de agosto mobilizacións multitudinarias convocadas pola plataforma "Por un monte galego con futuro" para rexeitar a política forestal do PP, que queima os nosos ...


Mércores, 20 Agosto 2025

‘Por un Monte Galego con Futuro’ convoca protestas contra a política forestal do PP “que queima os montes e as casas”

A CIG fai un chamamento a participar nas 26 concentracións que terán lugar en cidades e vilas de todo o país este xoves 21 a partir das 20:00h

A plataforma ‘Por un monte Galego con Futuro’ convoca mobilizacións para denunciar que a actual vaga de incendios que está a padecer Galiza é consecuencia directa da política forestal do PP, unha política forestal que, tal e como recolle o lema escollido para as protestas, “queima os nosos montes e as nosas casas”. A CIG, que fai parte da ...


Martes, 19 Agosto 2025

A CIG critica a caótica xestión do Goberno galego en materia de persoal de incendios

Alertamos de que se están a facer chamamentos en plena vaga de lumes sen tempo para formar en prevención.

Dende a CIG-Autonómica denuncia a caótica xestión da Xunta de Galiza en materia de persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), até o punto de que a día de hoxe aínda non se coñecen nin as vacantes que están por cubrir.

Temos datos de chamamentos en referencia ao aviso das coberturas que se van realizar, pero non sabemos cal é o criterio de cobertura, ...


Xoves, 14 Agosto 2025

A CIG e os outros sindicatos esiximos solucións aos problemas das gardas e seguridade dos axentes ambientais de Patrimonio Natural

E solicitamos ter unha reunión, en canto remate a vaga de lumes, coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No día de onte, 13 de agosto de 2025, enviouse comunicación aos axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural das catro provincias galegas de que acudiran a apoiar nos incendios forestais. Esta comunicación foi feita principalmente por wassapp e por emisora, sen facer referencia a ningunha instrución ou indicación de actuación ou seguridade.

O persoal da provincia ...


Por se é do teu interese, achegámoste a seguinte información sobre diversos asuntos.

Concurso de traslados de corpos xerais

  • A puntuación provisional podería estar publicada a finais de febreiro.
  • Posto que o listado definitivo de admitidos/as e excluidos/as xa está publicado dende o venres 15 de xaneiro, e dado que as bases do concurso permiten a renuncia ao mesmo no prazo dos 20 días seguintes á publicación deste listado, vai ser dificil que as persoas interesadas poidan renunciar antes de coñecer a súa puntuación provisional.

Lonxe queda a previsión inicial de que estivese resolto dentro do ano 2015.

Procesos selectivos a corpos xerais, libre e promoción interna

  • A previsión de que os exames non serían antes do 1 de abril queda complementada con que poderían ser por maio, e en todo caso afirman de Función Pública que serían antes do verán.
  • Probabelmente sexan os exames de promoción interna antes que os de libre.
  • A EGAP afirma que están preparando os temarios, pero os días pasan e mingua a marxe de tempo.

Procesos selectivos a persoal veterinario

  • Pouco que contar, tan só que a semana que ven poderíamos ter novas sobre os temarios (parte xeral).

Oferta de emprego para persoas con discapacidade intelectual

  • O borrador da convocatoria das seis prazas de Ordenanza da OEP-2015 reservadas para persoas con discapacidade intelectual poderíamolo ter para a semana que ven, previamente a súa discusión no Consello da Discapacidade (que se reuniría "pronto").

Instrucións de vacacións, permisos e licenzas

  • Presentamos un segundo escrito de alegacións. Podería haber algún cambio que comunicarían nos vindeiros días.

Descargar alegacións do 4/12/2015.

Descargar alegacións do 15/01/2016.

Decreto de listas

  • A semana que ven poderiamos ter novidades, tanto no referente á proposta de catro puntos iniciais como á posibilidade de incorporar algún punto máis.

Descargar alegacións do 6/11/2015.

Descargar alegacións complementarias do 12/01/2016.