Inicio
Luns, 22 Xullo 2024

Asinado o Acordo de condicións laborais do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF)

O Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF asinouse este luns 22 de xullo

Dende o ano 2018 na CIG levamos demandando que a organización e condicións laborais do persoal do SPIF tiñan que ser obxecto dunha nova regulación, adaptada á evolución na tipoloxía dos lumes e á multiemerxencia no medio natural e rural. Traballo nos costou, mobilizacións incluídas, que a Xunta se sentara a abrir unha negociación.

Mais cando a Consellería decidiu abrir esta negociación, só estivo disposta a ...


Martes, 16 Xullo 2024

Función Pública altera os criterios da estabilización, sen dar moitas explicacións

Cando a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) publicou o pasado 9 de xullo o baremo provisional do proceso de estabilización da categoría de xefe/a de brigada, saltaron as alarmas polo feito de que a experiencia profesional que se lle asignaba a moito persoal era superior á esperada, mesmo por riba da declarada polas propias persoas afectadas no seu autobaremo. Os efectos sobre as futuras relacións de persoas que superarían o proceso poderían ser importantes ...


Mércores, 10 Xullo 2024

O Tribunal Supremo obriga a Seaga a non discriminar salarialmente ao seu persoal descontinuo

O Tribunal Supremo confirma, e fai firme, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza presentada pola CIG sobre a discriminación do persoal descontinuo no cobro do plus de funcións da empresa pública Seaga.

A sentenza do TSXG confirmada ditaminaba:

La decisión de la dirección de la EP SEAGA SA de atribuir, por medio de dos instrumentos de ordenación de las relaciones laborales, al personal denominado 'discontinuo' menor sueldo y derechos profesionales que los reconocidos al ...


Martes, 09 Xullo 2024

Renovación parcial do parque móbil da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

A CIG tivo constancia de que se vai proceder a renovación de parte do parque móbil da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Esta información non nos chegou directamente da Administración, senón que foi extraoficialmente a través dos nosos afiliados/as e simpatizantes, polo que por esa parte, empezamos mal.

Entrando no fondo da cuestión, entendemos que a Administración menospreza ao seu persoal e aos representantes legais deste ao non ter en conta o disposto na Lei 31/1995, de ...


Martes, 09 Xullo 2024

O que sabemos dos 180 postos desaparecidos do concurso de traslados de corpos xerais

A CIG observou que no listado final de vacantes publicado na convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais, desapareceran 180 postos que si estaban nos listados previos facilitados por Función Pública. Xa que logo, a CIG enviou dous escritos á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP, antiga DX de Función Pública), esixindo explicacións de cada un dos postos desaparecidos.

A DXEP, logo de facer un relato do proceso de negociación, respostounos dándonos ...


Venres, 05 Xullo 2024

O Tribunal Supremo corrixe a inxustiza e permite que o persoal descontinuo traballe nos periodos de inactividade

Tras unha demanda dun traballador laboral descontinuo do SPIF, iniciada no ano 2019  e levada polos servizos xurídicos da CIG, o Tribunal Supremo acaba de resolver un recurso de casación onde sentenza que o periodo de inactividade do persoal descontinuo debe considerarse compatible co desempeño dunha segunda actividade no sector público, sempre que esta se leve a cabo dentro do periodo de inactividade e non impida ou menoscabe o cumprimento dos deberes inherentes a ela nin comprometa ou ...


Xoves, 04 Xullo 2024

Protocolo contra a violencia machista para as vítimas empregadas públicas

A CIG asinou o protocolo de violencia de xénero despois de seren aceptadas moitas das nosas alegacións ao texto proposto

Este Protocolo establece os procedementos para facilitar a protección das empregadas públicas da Administración xeral da Xunta de Galiza, e das entidades instrumentais do sector público autonómico sinaladas no artigo 45.a) da Lei 16/2010 (LOFAXGA) vítimas de violencia machista.

O protocolo ten como obxectivo protexer, no ámbito laboral, da violencia exercida sobre as ...


Mércores, 03 Xullo 2024

Desmantelamento das residencias de maiores

O desmantelamento da clasificación dos centros de servizos sociais: un paso atrás para as persoas maiores

Na CIG consideramos que a derrogación da clasificación dos centros de servizos sociais establecida no Decreto 243/1995 que a Xunta pretende modificar, supón un retroceso na atención as persoas maiores.

Entendémolo como unha medida imposta, sen consenso nin debate público, que elimina a categorización que prestan estos centros para o acceso a unha atención especializada e de calidade.

...
Martes, 02 Xullo 2024

Os centros de reeducación para menores infractores na Galiza: !!case unha realidade privatizada por máis de 61,5 millóns de euros!!

A Consellería de Política Social e Igualdade vén de publicar no DOG do pasado martes 11 de xuño a resolución do 28 de maio de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da ...


Venres, 28 Xuño 2024

Agacal: a rei morto, raíña que se impón?

A uns meses de que cesaran ao xerente de Agacal e a menos de que nomearan a un novo director desa axencia, vimos de recibir un correo electrónico remitido pola xefa do Departamento de Coordinación Administrativa no que se nos envía un documento nunca antes negociado, e nas que asume as funcións da xerencia por suplencia, segundo unha resolución do 27/03/2024.

Botamos en falta dende a creación da axencia, no 2018, a transparencia e boa fe negocial que debe existir en toda administración ...


Venres, 28 Xuño 2024

A CIG aposta por tribunais de selección democráticos e non dactilares

Dende o primeiro momento da súa creación a Xunta de Galiza impuxo o sistema de que os tribunais se decidían dende arriba e por moito que se criticou o sistema por sindicatos e persoal opositor, nunca se puido eliminar este proceder.

E se hai vontade política pódese facer. Posiblemente funcione mellor que as persoas designadas a dedo dende a Dirección Xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal se muden por persoal voluntario.

De feito a Academia Galega de Seguridade Publica xa ...


Non podemos quedarnos calados sen denunciar a hipocresía e bipolaridade da Conselleira ao falar de incrementar o salario a quen cobra máis de 40.000 euros/ano e, á súa vez, de conxelar os salarios do resto das traballadoras e traballadores públicos.

Condenamos novamente a baixeza moral que supón tomar tal tipo de medidas retributivas e gustaríanos poñer en coñecemento da opinión pública o caso extremo e vergoñento salarialmente do persoal que ten contrato de 2 horas ao día e que recibe unhas retribucións de 3.700 euros/ano (uns 270 euros/mes) onde o incremento que se propón para as Xefas e Xefes Territoriais prácticamente iguala o salario mensual dun traballador/a.

Dende a CIG-Autonómica negámonos a que o persoal da Xunta de Galiza teña que renunciar aos seus dereitos retributivos para que uns previlexiados/as vexan substancialmente aumentada a súa nómina co que invitamos á Conselleira a que retire esta proposta ou a faga estensíbel a todo o persoal da Xunta de Galiza e cumpra, deste xeito, o seu programa electoral,  non so cos xefas/es territoriais da Xunta, senón con todo o persoal da Xunta.