- Detalles
Na sesión do 28/10/2024 tratamos os seguintes asuntos:
AVALIACIÓNS DE RISCOS REALIZADAS
- CIMA:
Ambas Avaliacións de Riscos, de CIMA Corón e CIMA Ribadeo foron entregadas no 2023. Dende entón fóronse implementando algunhas das medidas correctoras e outras están pendentes. De estas sinalar as seguintes:
-Pendente o plan de autoprotección e a sectorización do edificio.
-As portas antipánico non deben pecharse en ningún momento, estudarase a seguridade do centro pola noite.
-Instalarase unha centraliña de detección de fumes e mercaranse mantas ignífugas.
-Queda pendente a remisión dun listado de produtos químicos que non constan nesta avaliación.
- CIMA Ribadeo:
Quedan medidas correctoras sen acometer, algunhas das previstas proximamente son:
-Sinalización dos chanzos con tiras luminiscentes.
-Compra de traspalé para movemento de cargas pesadas e elevador para cargas mais lixeiras.
-Faltan as mantas ignífugas e sinalización.
PROGRAMACIÓNS PENDENTES
Informan dende a Vicesecretaría que para o ano 2025 se efectuarán as avaliacións por postos do Servizo de Gardacostas que vimos demandando dende a CIG reiteradamente.
Farase a avaliación de riscos Inicial da delegación de Ribeira.
Pídese que se avalíen no IGAFA, aquelas instalacións novas que non estean avaliadas.
IGAFA
Levarase a cabo unha avaliación de riscos psicosociais no centro.
Carga de traballo das auxiliares de laboratorio do IGAFA. Reclamase unha solución para a carga de traballo das auxiliares de laboratorio que se prolonga dende fai moitos anos. Dende a Vicesecretaria propoñen acumulación de tarefas pendente de que FP o autorice. Indicamos que é un problema que se mantén por moito tempo e que se debe solucionar de xeito estrutural incrementando persoal.
VIXILANCIA DA SAÚDE NO EDIFICIO DE PONTEVEDRA
Reiteramos as queixas pola vixilancia da saúde en Pontevedra xa que non aplican os protocolos establecidos e nos informes aparecen reflectidos resultados de probas non realizadas.
Dende o SPRL indican que o poñerán en coñecemento da Mutua para que resolvan estas queixas.
FORMACIÓN: RISCOS NO EMBARQUE, MANIPULACIÓN PRODUTOS QUÍMICOS E CONDUCIÓN SEGURA
Informa a Consellería que está prevista a formación para prevención de riscos no mar na Escola Náutica de Ferrol e que solo falta por establecer as datas. Se farán varias edicións da formación co fin de que poida asistir o maior número de persoas.
Así mesmo se fará un curso de manexo de produtos químicos.
Estase en negociacións coa EGAP para o curso de condución segura. De non ser posible o asumirá a Consellería.
ROUPA DE TRABALLO
Gardacostas: transmitimos que dende maio que se fixeron os tallaxes non se entregou a roupa e que agora xa sería necesaria a roupa de inverno. Pedimos axilidade na entrega da roupa e sobre todo dotar ás novas persoas empregadas públicas de roupa suficiente.
Traballo de campo: sen dotación orzamentaria para este ano. A consellería está traballando no prego de compra da roupa para o 2025. Pedimos igualmente axilidade na merca de roupa para o novo persoal e na substitución de roupa deteriorada.
ROLDA DE INTERVENCIÓNS
1.-Dende a CIG inquirimos o SPRL sobre as necesarias medidas de seguridade nas planeadoras que non teñen elementos mecánicos para recollida de artes.
2.-Comunicamos as deficiencias de funcionamento dos vehículos eléctricos que provocan que os empregados queden tirados nos destinos e a inseguridade que isto produce.
3.- Iniciaranse as obras de reforma da Delegación de Carril e de Salgueiriños no 2025.
4.-Iniciarase a medición de radón obrigatoria segundo a normativa das dependencias da consellería fora de Edificio de San Caetano.
- Detalles
Na reunión de Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar deste pasado luns 28 de Outubro, a vicesecretaria xeral da Consellería confirmounos que no ano 2025 realizaranse as avaliacións de riscos laborais nos postos de patrón, mecánico e axente do Servizo de Gardacostas de Galiza.
Esta era unha reivindicación da CIG dende hai moito tempo xa que estamos diante dun colectivo susceptíbel de accidentes laborais con resultado de baixa e baixas derivadas de doenzas crónicas asociada a súa actividade profesional.
Estamos diante dun servizo fundamental para a loita contra o furtivismo e chave para o sector pesqueiro galego que nos últimos anos ven sufrindo unha carencia crónica de persoal que se engade a elevada idade media dos seus membros.
Dende a CIG, alegrámonos deste paso na boa dirección e instamos a Consellería do Mar a que poña da súa parte para acadar mecanismos de xubilación anticipada para o Servizo de Gardacostas de Galiza, outra das reivindicacións históricas da CIG con este colectivo.
- Detalles
No DOG do 30/10/2024 sae publicada a Resolución pola que se nomea ao tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña e OHH SORPRESA, todos/as os/as membros menos 1 do tribunal titular son persoal docente e no tribunal suplente, dous dos seus 5 membros tamén o son.
Creo que A Xunta aínda non se decatou de que este persoal xa non presta os seus servizos unicamente en centros de ensino e por iso nomea estes tribunais. Van a avaliarnos os que logo deberían ser os nosos compañeiros en moitos casos, pero que rematan sendo a patronal?.
Ademais de que isto é un menosprezo ao persoal aspirante a esas prazas, tamén o é ao resto do persoal funcionario da Administración Xeral e Especial da Xunta de Galiza, do que a Administración parece pensar que non temos suficientes coñecementos como para formar parte dun tribunal. Nin sequera se poden escudar nunha titulación específica ou en que hai que pertencer ao mesmo corpo ou a un superior, pois estamos falando de prazas da AP para as que non se require ningunha titulación e todo o persoal funcionario da Xunta é desa escala ou superior.
Estamos seguros que hai moitas escalas que están máis capacitadas para formar parte destes tribunais: gobernantía, xefes/as cociña, oficiais cociña, incluso calquer/a funcionario/a da escala AP subalterno/a, pois conviven a diario con persoal da escala ofertada e coñecen á perfección os traballos que deben realizar.
Unha vez máis fáltannos ao respecto metendo persoal dos corpos docentes en postos nos que debería estar persoal funcionario da Administración da Xunta.
Alguén se imaxina un tribunal de ensino no que os seus membros fosen veterinarios/as, médicos/as, titulados/as superiores...en fin, funcionarios/a da Administración Xeral?
Basta xa de menosprezos e de querer vendernos uns tribunais nos que a maioría dos seus membros descoñecen onde e que fan as persoas que van acadar un posto nese proceso.
- Detalles
No DOG do 31/10/2024 publican varias baremacións definitivas do concurso de estabilización da Lei 20/2021:
- Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2:
- Escala de arquitectos técnicos
- Escala técnica de facultativos: especialidade de fisioterapia
- Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B:
- Corpo administrativo
- Corpo administrativo da Administración xeral
- Corpo de axudantes de carácter facultativo
- Escala técnica de cociña
- Baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza:
- Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
- Detalles
O do cobro, ou mellor dito non cobro, de conceptos nas nóminas do persoal bombeiro/a forestal e vixilante/emisorista do servizo de incendios é o conto de nunca acabar.
Por se xa fora pouco cos problemas que se sofren co cobro da nocturnidade, súmase tamén a falta de pago do traballo realizado en domingos e festivos.
Dende a CIG consideramos que se está a desprezar ao persoal que traballa no servizo de incendios. Non só porque non cobran o traballo realizado en quenda nocturna e en domingos e festivos mes a mes, como sí se fai no SERGAS e noutras consellerías, senón que inda por riba cando toca o mes de cobro (cada 3 meses) sofren continuos atrasos.
Así pois, coa entrada en vigor do novo acordo de condicións de traballo para o persoal funcionario, estes problemas de cobro que xa existían coa nocturnidade non fan máis que empeorar. Dende a CIG temos claro que este trato é inadmisible.
A todo isto, temos que sumarlle que a Consellería do Medio Rural non fixo ningunha intención de integrar ao persoal laboral descontinuo neste acordo, a pesar das nosas continuas peticións e de que así o establecía o acordo.
Todo iso fai que se manteña a discriminación e a desigualdade. E namentres a Consellería non para de dar excusa tras excusa para non pagarlle ao persoal as retribucións derivadas do seu traballo.
- Detalles
No DOG do 30/10/2024 publican as baremacións provisionais da fase de concurso de varios procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso oposición:
-
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz. Ligazón
-
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1. Ligazón
-
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución. Ligazón
-
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial. Ligazón
-
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio. Ligazón
-
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia. Ligazón
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
As reclamacións presentaranse a través do Fides na epígrafe de inscrición en procesos selectivos. Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», presentación de alegacións ao baremo.
- Detalles
No DOG do 29/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2023 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.
Publican a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2023 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe <Listas de contratación>.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
A Inspección de Traballo e Seguridade Social citou nas súas dependencias da Coruña ao Consorcio e ás representantes do persoal por mor dunha denuncia da CIG.
Denunciamos que non se nos avisara da planificación das avaliacións dos centros, tanto psicosociais como do resto das visitas.
Dende a CIG denunciamos tamén ao Consorcio por non aplicar as medidas correctoras para minimizar os riscos psicosociais que se padecen nas escolas infantís. Estás medidas correctoras acordáronse no grupo de traballo, composto por representantes do Consorcio, a representación legal do persoal e o persoal técnico de Prevención de Riscos da Xunta e de Qualtis.
Entre todas as medidas acordadas, destaca pola súa transcendencia, a das reunións periódicas dos equipos das escolas. Tamén teñen unha importancia capital para minimizar os riscos para o persoal, a xestión dos chamamentos e a formación, que son outras das medidas que atallarían estes niveis elevadísimos de riscos.
O Consorcio, coa súa máxima de "non me dou por enterado, por tanto, onde está o problema?" nin sequera apareceu no acto. Nin respectan aos representantes das persoas traballadoras nin respectan á autoridade laboral.
Impresentábeis!!!!!
- Detalles
Na recente xuntanza da comisión de seguimento e control do procedemento de selección temporal do persoal funcionario sanitario da lei 17/1989 os responsables da Administración informaron das seguintes cuestións:
- Chamamentos realizados ao abeiro das listas: achégannos a relación de chamamentos dos anos 2021, 2022, 2023 e 2024, desagregado por categorías.
- Información sobre a previsión de publicación de actualización de listaxes: entre o día 21 e o 25 publicarán as listas definitivas. Informan de que nas provisionais dalgunhas categorías, ATS-DUE e Licenciado Sanitario, non estaban incluidas as notas da última OEP, pero que nas definitivas xa estarán incluidas. Na lista única non se verán, pero ao desagregar en clases (en función da titulación) xa se verá a nota última incoporada.
CIG
Protestamos polo nulo funcionamento da comisión de seguimento. Levamos catro anos sen ser convocados cando nos acordos da Comisión, asinados por Administración e sindicatos, indica que a comisión se reunirá, con carácter ordinario, unha vez cada seis meses.
Por outra banda, coa convocatoria non se nos achegou acta da reunión da última comisión co cal despois de catro anos é bastante difícil recordar o que se tratara entón e facer alegación algunha.
Insistimos en que o persoal funcionario sanitario da lei 17 é persoal do ámbito da función pública polo que as convocatorias deben ir dirixidas aos sindicatos con representación en dito ámbito. En todas as reunións temos que repetir o mesmo.
Con respecto á información que nos trasladan protestamos porque entendemos que non serve de nada ter un resumo dos chamamentos e das penalizacións e reclamacións a posteriori. Unha comisión de seguimento ten que funcionar para controlar eses chamamentos e para resolver as penalizacións ou reclamacións no momento en que ocorren e non tres anos despois. Non é transparente e non serve para nada.
Entendemos que a xestión destas listas non debería ser diferente á xestión do resto de listas de persoal da Xunta de Galiza polo que reiteramos a nosa petición de que dita xestión se leve a cabo dende Función Pública. Preguntamos pola intención da Consellería en que sexa así e se houbo xa algún contacto con Función Pública para tratar o tema.
Resposta da Administración
Discúlpanse polo retraso e polo incumprimento do acordo en canto ás sesións da comisión. Dín que teñen intención de traspasar canto antes as listas a Función Pública porque entenden que é o ámbito que lles corresponde e que xa tiveron contactos para facelo canto antes, pero que ata que rematen os procesos de estabilización Función Pública non pode poñerse con iso.
Comentan que mentres tanto tentarán cumprir cos prazos para as reunións e que tentarán remitirnos a acta de hai catro anos máis a acta desta reunión canto antes. Non se comprometen, xustificando que algunha das persoas que estaban por parte da Administración naquela reunión está xubilada.
UGT e CCOO
Na mesma liña que a CIG, insistindo en que se leve a xestión das listas dende Función Pública.
CSIF
As persoas que asistiron a esta xuntanza eran do sector da saúde polo que comunicaron que non podían opinar porque non tiñan coñecemento sobre ese tema aínda que entendían que era o lóxico.
- Detalles
No DOG do 23/10/2024 publican diversas baremacións provisionais da fase de concurso de procesos de estabilización:
- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
As reclamacións presentaranse a través do Fides na epígrafe de inscrición en procesos selectivos. Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», presentación de alegacións ao baremo.