Novas por contido

A estabilización extraordinaria e o caos de nunca acabar

É evidente que o proceso de estabilización extraordinaria, coa famosa fórmula do “autobaremo” que a Xunta e outras forzas sindicais sempre deron por boa, é unha continua fonte de eivas e problemas. Dende a CIG sempre defendimos que esta non era a mellor forma de facer as cousas.

Así, estanse a producir cambios na “interpretación” dos criterios de baremación no medio dos procesos co que todo iso implica. Un cambio fundamental é a valoración do tempo de inactividade do persoal descontinuo, cambio que dende a CIG entendemos que é correcto.

Pero o que xa advertimos é que entendiamos que isto implica ter que avaliar os expedientes de todas as persoas participantes para implantar o proceso de xeito garantista. E niso nos atopamos co muro da Administración.

Esta cuestión é especialmente importante nas categorías ou escalas de persoal bombeiro/a forestal e emisorista/vixilante do SPIF, aínda que tamén hai outras categorías ou escalas afectadas en menor medida.

Por todo isto, dende a CIG acabamos de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pedindo que se solucione esta cuestión con sentidiño e se valoren todos os expedientes para evitar eivas maiores.

No DOG do 11/10/2024 publican varias baremacións definitivas da fase de concurso de determinadas categorías do subgrupo A2, C1, C2 e varias categorías dos grupos II, III e IV do persoal laboral da Xunta de Galiza, ademais do Cixtec:

 

Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo A2 que se relacionan:

Corpo facultativo de grao medio 

  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de máquinas e produción
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de traballos técnicos de mergullo

 

Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo C1 que se relacionan:

Corpo administrativo

  • Escala de axentes de inspección. Especialidade consumo
  • Escala de axentes de inspección. Especialidade mobilidade
  • Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas

Corpo de axudantes de carácter facultativo

  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade patrón
  • Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade mecánico
  • Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza
  • Escala técnica de mantemento de servizos
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade mecánico naval
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade patrón embarcación
  • Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade guía intérprete de patrimonio natural

Corpo de técnicos de carácter facultativo

  • Escala técnica de delineantes
  • Escala de axentes técnicos en xestión ambiental
  • Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural

 

Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo C2 que se relacionan:

Corpo de auxiliares de carácter técnico

  • Escala de gardas de recursos naturais
  • Escala auxiliar de mantemento
  • Escala de auxiliar de laboratorio
  • Escala auxiliar de condución
  • Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade mariñeiro vixilante

 

Baremación definitiva do concurso de méritos do grupo II da Xunta de Galiza e Cixtec que se relaciona:

  • Cat. 39. Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais

 

Baremación definitiva do concurso de méritos do grupo III que se relacionan:

  • Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a
  • Cat. 12. Mestre/a de taller
  • Cat. 15. Experto/a en exposicións
  • Cat. 37. Técnico/a de son
  • Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER)
  • Cat. 54B. Hixienista dental
  • Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a

 

Baremación definitiva do concurso de méritos do grupo IV que se relacionan:

  • Cat. 7. Garda fluvial. Garda explotación
  • Cat. 31. Legoeiro/a
  • Cat. 32. Operador/codificador datos SDCIF
  • Cat. 39. Auxiliar de autopsia

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

A CIG pide a demisión de Sonia Rodríguez-Campos (directora da EGAP)

O sindicato presenta máis de 30 demandas e reclamacións sobre a xestión da EGAP e 285 propostas de cursos recadadas de entre as traballadoras e os traballadores, afiliación e persoas delegadas do sindicato, ante a ausencia de oferta formativa para moito persoal e diante da diferenza abismal entre a oferta e a demanda en formación como a linguaxe administrativa galega, a igualdade ou a formación do Marco Galego de Competencias Dixitais

Dende a CIG criticamos e denunciamos a falta de negociación para a planificación e deseño dun plan anual de formación e actividades para todo o persoal da Administración xeral da Xunta e entes instrumentais que estea ben elaborado e estruturado, e que dea resposta ás necesidades de formación reais e actuais en todas as áreas temáticas, sen exclusións. En todo o proceso de elaboración do plan de formación o persoal e sindicatos non cortamos nin pinchamos, todo é decisión unilateral da directora da EGAP. Este proceso é moi sinxelo e básico, a diferenza do que fan outras escolas de administración pública, e consta destes 2 pasos:

1. Envío aos sindicatos dunha circular unha vez ao ano para recibir achegas nun prazo estipulado.                                          

2. Recepción das achegas dos sindicatos (a maioría ignoradas ano tras ano) e, sobre o esquema do plan de formación anterior, repetición da maioría das actividades e das mesmas persoas formadoras para o ano seguinte.  

A opacidade é absoluta á hora de decidir e deseñar ano tras ano os plans de formación en calquera aspecto que nos veña á cabeza, como calquera dos seguintes:    

1) En que temáticas se forma ao persoal e en que temáticas non? A normativa establece que se faga público o “inventario” actualizado de áreas formativas da EGAP co persoal formador de que dispón cada unha. A día de hoxe permanece sen facerse público. → Todo é decisión unilateral da directora da EGAP  

2) A que categorías profesionais e persoal se lle imparte a formación da EGAP e a cales non? Todas as categorías e todo o persoal temos dereito a recibir formación!  → Todo é decisión unilateral da directora da EGAP

3) Cales son os datos de situación de xénero da formación impartida pola EGAP? → Só a directora da EGAP o sabe

4) De onde saíron os criterios de selección das persoas que acceden á formación da EGAP? Foron  impostos sen escoitar ningunha alegación da representación do persoal.  → Todo é decisión unilateral da directora da EGAP                              

5) Onde se imparte a formación da EGAP? Maiormente en Compostela. → Outra decisión unilateral máis da directora da EGAP

6) Que criterios se empregan para decidir en que modalidade (teleformación, presencial, telepresenza, mixta ou autoformación) se imparte cada curso da EGAP e cal é a súa duración?  → Outra decisión unilateral da directora da EGAP

7) En que horario se fan os cursos? Maioritariamente é fóra do horario laboral; a conciliación nin existe nin se a espera → Outra decisión unilateral da directora da EGAP    

8) Cales son os criterios de “inscrición de oficio” na base de datos de empresas e persoal formador? → Só a directora da EGAP o sabe...

9) Que foi do compromiso de elaboración de temarios oficiais da EGAP? Mentres, as consellarías pagan inxentes cantidades de diñeiro público a empresas privadas para que elaboren uns temarios "de apoio, non oficiais e con exención de responsabilidades por parte da empresa.  → A directora da EGAP bota balóns fóra

10) Que foi dos cursos para promoción interna que establecen os Estatutos da Escola?  A directora non sabe ou non contesta...

Consideramos que a xestión da EGAP é insostíbel, e este 2024 foi o colofón, coa supresión de todos os actos das Letras Galegas, un feito inxustificábel e inadmisíbel, sintomático da deriva que leva a EGAP de malfacer, privatización, mala xestión, precariedade e ineficiencia do gasto público. O incumprimento dos estatutos da EGAP e os fins para os que se creou é reiterado, con especial dedicación a borrar do mapa a existencia dos compromisos da Escola coa normalización e co galego, lingua empregada cerimonialmente nos actos de inauguración e clausura, pero pouco máis.

É total a opacidade e falta de respecto cara á transparencia e a render contas de en que se investen os orzamentos públicos da Escola. A falta de transparencia sobre a base de datos de empresas e persoas seleccionadas, contratadas e retribuídas para dar formación, titorizar, coordinar e dirixir os cursos da EGAP é absoluta, pese a ser obrigada a súa publicidade. Con respecto ás retribucións e número de cursos por ano, así como no relativo a súa acreditación e criterios de selección, non temos ningún dato. A falta de rotación para que non sexan as mesmas persoas sempre é pasmosa. 

Sobre a precariedade na que traballa o persoal da EGAP tamén hai moito que dicir, así como sobre a situación tan lamentábel da biblioteca, con persoal temporal de empresas privadas atendéndoa tras demandas por contratacións fraudulentas, e con moitos fondos da Escola sen tan sequera catalogar nin actualizar. 

Todo isto non sería posíbel sen o silencio cómplice do Consello Reitor da EGAP, cuxo principal rol semella ser a observación calada e a adulación gratuita, e que só conta coa voz discordante da CIG. As xuntanzas deste consello reitor son un mero paripé, e as enquisas ao persoal que dean a coñecer o nível de satisfacción global ou as necesidades reais brillan pola súa ausencia, xunto a unha clara baixada da calidade da formación. As empregadas e os empregados públicos agardamos anos para poder acceder a un sinxelo curso de linguaxe administrativa, ou mesmo á formación en igualdade ou aos cursos de competencias dixitais, xa só fixándonos na formación transversal, porque no referido á formación específica ou técnica hai áreas enteiras de formación ignoradas e desatendidas; por non falar do persoal ao que se exclúe totalmente da formación da EGAP, como AGACAL. O desfase entre a demanda real existente das traballadoras e traballadores e a oferta da EGAP é abismal, e fala por sí soa, moi elocuentemente, dunha moi mala xestión.

Por toda esta situación, dende a CIG pedimos a DEMISIÓN DA DIRECTORA DA EGAP.

 

O Instituto de Estudos do Territorio (IET) convocounos a unha xuntanza que terá lugar o día 14/10/2024 para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT).

Se resulta do teu interese, podes descargar a proposta. Para achegarnos o que consideres, contacta coa CIG.

A CIG denuncia publicamente o nomeamento de María José Echevarría como directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

O pasado mes de setembro na Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático tomou posesión como directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade María José Echevarría, tras a dimisión do antigo director xeral, Ramón Martínez Boga.

Dentro das funcións desa dirección xeral están todas aquelas que teñen que ver coa avaliación e control da incidencia que sobre o medio ambiente provoque a actividade humana, ou a avaliación dos efectos que determinados plans ou programas teñen sobre o medio ambiente, entre outras.

Se a isto lle engadimos o feito de que María José Echevarría resulta ser a parella de Antonio Casal Lago, director territorial de ENCE para Galicia, lévanos como CIG a denunciar publicamente un nomeamento que consideramos cando menos dubidoso, ao poder existir un conflito de intereses.

Toda a cidadanía é sabedora das polémicas sociais que provocan algúns proxectos relacionados co eucalipto e coa produción de pasta de papel. Aí están os conflitos do proxecto de ALTRI ou as polémicas xeradas no seu día pola prórroga que Mariano Rajoy concedeu a ENCE a beira da ría de Pontevedra. 

A ninguén se lle escapa que é moi desconcertante e estraño que o antigo director xeral soamente ocupase o cargo durante catro meses tras o seu nomeamento. Iso lévanos na CIG a facernos as seguintes reflexións: Cales son os motivos que o levaron a dimitir? Podería haber presións dalgúns grupos de poder para condicionar as tomas de posesión de determinados postos? Acaso non existe en Galicia outra persoa para ocupar esa dirección xeral? Certamente resulta imposible de xustificar ante a cidadanía galega esta decisión do executivo galego.

Resulta acaído lembrar os grandes vínculos do Partido Popular coa pasteira de ENCE, en cuxo consello de administración chegaron a sentarse destacados militantes e ex-altos cargos da Xunta de Galicia e do propio goberno español como Isabel Tocino, ministra de Medio Ambiente na era Aznar, ou Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente na presidencia de Manuel Fraga, entre outros, sendo estes uns claros exemplos de portas xiratorias.

Na CIG lamentamos e cuestionamos este tipo de nomeamentos, e como o Partido Popular obriga a Administración galega a pregarse diante de certos lobbies económicos e de poder para beneficiar a uns poucos e prexudicar a maioría, denigrando a Función Pública.

Libres designacións mediante comisións de servizo para evitar a publicación no DOG

Na estrutura organizativa desa mesma dirección xeral podemos observar o xeito de proceder para o nomeamento de cargos de libre designación como o caso da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental ou a Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular, onde se actúa da mesma maneira que para o nomeamento de Eloína Feijóo como subdirectora xeral de Política Social, é dicir, mediante comisións de servizo.

Cómpre recordar que no nomeamento de postos de libre designación o razoable e o máis transparente é que se faga mediante un anuncio no DOG, pero ao facer a cobertura destes postos mediante comisións de servizo, a cidadanía non ten acceso a esa información.

Para rematar, subliñar que valoraremos cos nosos servizos xurídicos a legalidade do nomeamento da nova directora xeral por un posible conflito de intereses.

O servizo de Gardacostas de Galiza en Vigo vese na obriga de paralizar a embarcación Punta da Guía que combate o furtivismo dende a fronteira con Portugal ata a Ría de Aldán ante a falta de efectivos.

O cese do único mecánico habilitado para embarcar por cumprir 3 anos como interino, obriga a paralización dunha embarcación financiada con fondos europeos ante a parálise da Consellería do Mar e facendo oídos xordos as soluciona que a CIG vén poñendo enriba da mesa de forma recorrente:

  • O desbloqueo inmediato da OPE de 2022 que contempla 13 prazas de mecánicos e 10 prazas de patrón.
  • Darlle unha solución a situación dos aptos con restricións, habilitando postos para quen estea nesa situación e a súa substitución mentres dure a restrición.
  • A dotación urxente de persoal no servizo de Gardacostas que permita cubrir as tripulacións das lanchas mediante patróns e vixiantes-mariñeiros das listas de contratación como paso previo a convocatoria de oposicións.

A CIG manifesta igualmente a oposición ó traslado da embarcación Punta da Guía a outra base operativa e insta a Consellería do Mar a frear ó deterioro lento pero progresivo do Servizo de Gardacostas, un servizo público chave para o sector pesqueiro galego.

No DOG do 08/10/2024 publican varias baremacións definitivas da fase de concurso de determinadas categorías do subgrupo A1, A2 e escalas do grupo III e IV do persoal laboral da Xunta de Galiza, ademais do Cixtec:

Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo A1 que se relacionan:

Corpo superior

  • Escala de sistemas e tecnoloxías da información
  • Escala superior de finanzas
  • Escala superior de estatísticos

Corpo facultativo superior

  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica
  • Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas
  • Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía
  • Escala de ciencias. Especialidade de física
  • Escala de arqueólogos
  • Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
  • Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
  • Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica
  • Escala de facultativos. Especialidade de medicina

Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo A2 que se relacionan:

Corpo de xestión

  • Escala de inspectores de consumo

Corpo facultativo de grao medio

  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas
  • Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas
  • Escala de arquitectos técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
  • Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos
  • Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de servizos ao buque
  • Escala de axentes de extensión pesqueira
  • Escala de subinspección urbanística
  • Escala técnica de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos

Baremación definitiva do concurso de méritos de varias categorías do grupo III que se relacionan:

  • Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante)
  • Cat. 36. Experto/a audiovisuais
  • Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM
  • Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller
  • Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a
  • Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son
  • Cat. 98. Auxiliar de luces
  • Cat. 101. Proxeccionista

Baremación definitiva de varias categorías do grupo IV que se relacionan:

  • Cat. 20. Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)
  • Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría
  • Cat. 24. Xastre/a
  • Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta
  • Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica
  • Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais

Baremación definitiva de varias categorías do grupo II da Xunta de Galiza e persoal do Cixtec que se relacionan:

  • Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista
  • Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a)
  • Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas
  • Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial
  • Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural
  • Cat. 35. Pianista

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

Seguimos con avances escasos e lentos

Petición de realización de avaliacións de riscos psicosociais para varios centros
Pídense avaliacións de riscos psicosociais para varios centros, varias delas quedan acordadas facer, pero consideran que unha xeral para as Escolas Infantís da Axencia non procede, que mellor ir facendo segundo se vaia vendo a necesidade. 

Reparación chan e cornisas na RM de Oleiros
Xa se adoptaron algunhas medidas. A obra está en proceso de adxudicación e contan empezar a finais de este ano ou principios do que ven.

Falta de axudas técnicas e estado das existentes
Comunícase que hai moitos centros onde os medios que hai non funcionan ben, e están deteriorados. Trataran de ver cales son as necesidades.

Formación sobre prevención
Están traballando no tema. Enviarán información sobre os cursos que teñan pensado ofertar. Así mesmo tratarán de formar no manexo de desfibriladores que hai nos centros.

Simulacros e plans de emerxencia
Agora son os centros os que contratan o plan de autoprotección, tendo que encargarse de isto. Aínda que hai centros do CGSIB que non levan feito ningún, cuestión que quedaron de comprobar.

Realización de obras nos centros
A realización de obras importantes está a alterar o funcionamento de algúns centros de traballo cando estas se levan a cabo. Comunican que polo xeral se está a informar ao servizo de prevención de como estas poden afectar, de non ser así que llelo fagamos saber.

Situación protocolo de agresións e do proxecto de residencias libres de suxeicións
Para a vindeira semana pasarán o borrador do protocolo de agresións, para poder ir presentando as achegas que consideremos e ilo poñendo en funcionamento. En canto o proxecto de residencias libres de suxeicións queda moito que mellorar e avanzar.

Demora traslado residente conflitivo en centro de atención a persoas con discapacidade
Séguese pendente do tema, en espera de un centro apto para o seu traslado, non hai maneira de poder axilizar o tema.

Zocos adaptados
Hai varias solicitudes feitas do persoal, ao servizo de prevención, para que valoren a necesidade de que se lles faciliten uns zocos adaptados as súas necesidades. O servizo de prevención comunica que xa se empezaron a contestar varias de esas solicitudes, e que estas deben vir acompañadas de un informe do médico especialista detallando cales son as necesidades concretas que se precisan dos zocos, xa que a solicitude de zocos ortopédicos non serviría, xa que todos os que se están a dar son así.

Sobrecarga de traballo, cambios continuos de quendas, falta de cobertura
Existen varios colectivos onde se suprimiron os reforzos contratados durante a pandemia, sin que se poida deixar de facer as tarefas que se estaban a realizar e deixando ocos sen cubrir condicionando isto a cambio de quendas continuas, servizos mínimos seguidos, falta de descansos,... Así coma o problema de cobertura de moitas categorías onde non hai que faga as substitucións. Todo isto leva a unha sobrecarga laboral continua, problemas de conciliación, inestabilidade emocional,...
Din que o van a mirar, pero que todos estes temas teñen difícil solución.

Situación de avaliación de riscos psicosociales RM Ferrol
Houbo boa participación por parte do persoal, convocarase o grupo de traballo en breve.

Prestación de Risco para o embarazo nos centros de menores
Debido a cambios na guía, Ibermutua considera que se non hai rexistros de accidentes non hai tal risco, polo que a única solución que hai é realizar sempre rexistro de todas as agresións/accidentes, e que o persoal afectado faga reclamación, pero deberíase presentar documentación xustificativa.

Falta de cumprimento das medidas correctoras das avaliacións de riscos psicosociais nas EI do CGSIB
Non se está a implantar as medidas correctoras propostas nas avaliacións, manter informado o persoal, traballos de equipo, listas de contratación transparentes e xustas, cobertura de postos,...con tan boa sorte nesta xuntanza que a persoa responsable de xustificar todo isto tivo que ausentarse porque tiña outros asuntos, así que a única resposta foi que falaran con ela e nos darán unha resposta, cando??????..... a saber.

Recoñecemento médico no persoal xestionado polo CGSIB
Non están a facer as mesmas probas a todo o persoal por igual, así que se pide que unifiquen criterios e xestione igual en todas partes.

Previsión de visitas nos centros do CGSIB e a comunicación aos/as delegados/as
Non se está a facer a comunicación das visitas aos/as delegados/as de forma axeitada, algunhas chegan tarde e outras nin chegan. Tratarán de arranxar o problema e facer unha revisión dos correos.

Comunicación defectuosa no CGSIB entre servizos centrais e os centros
Hai un problema de comunicación entre servizos centrais e os centros, no relativo a comunicacións de reincorporación de persoal, adaptacións de postos,.... Quedaron de revisar a ver cal era o problema.


Continuamos na loita por mellorar as condición de traballo nos nosos centros!!!

 

Durante a semana pasada foi imposible acceder á moitos procesos selectivos da páxina de Función Pública.

Publicáronse varias resolucións e baremos provisionais e iso implica a existencia duns prazos que hai que respectar e polo tanto, para dar garantía plena aos interesados, deberíanse poder consultar durante todo o período de alegacións eses baremos. Incluso se poderían publicar con anterioridade pois nada o impide.

Hoxe, día 04/10/2024 publícanse no DOG unhas resolucións relativas á baremación provisional de varios procesos selectivos de concurso da agrupación profesional de persoal funcionario e de varias categorías do grupo V que afecta a miles de persoas, pois son procesos masivos, e a páxina da un erro:

Error 500--Internal Server Error

Dende a CIG foi imposible contactar telefónicamente coa DXEP polo que nos puxémos en contacto a través de correo electrónico para que trate de solucionar este problema e habilite unha solución para canto antes.

No DOG do 04/10/2024 publican dúas resolucións coa baremación provisional de varias escalas da agrupación profesional e categorías do grupo V:

Baremación provisional do concurso de méritos das escalas da agrupación profesional que se relacionan:

Escala de persoal subalterno

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade de persoal de limpeza e cociña

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

Escala de persoal de mantemento

Baremación provisional do concurso de méritos da categoría profesional de persoal laboral da Xunta de Galiza do grupo V que se relacionan:

Cat. 10B. Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

Cat. 14. Bombeiro forestal

Cat. 14 A. Bombeiro forestal condutor

As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais perante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

As reclamacións presentaranse a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».

Outras novas recentes

Venres, 11 Xullo 2025

Resolución do concurso de traslados de enxeñería, enxeñería técnica, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias

No DOG do 11/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos,...
Martes, 08 Xullo 2025

Procesos selectivos de Ciencias do Mar e Profesores e Mestres Taller de escolas nautico-pesqueiras (MSF 10/07/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos: A1-Ciencias do mar (4 prazas, con 1 para promoción interna). Descargar A1-Profesor/a de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros,...
Venres, 04 Xullo 2025

Cobro do 0,5% pendente

Informa a DXEP que na nómina de xullo cobraremos o 0,5% de incremento máis os atrados do ano 2025. E na nómina de agosto irán os atrasos do ano 2024. O cobro dos atrasos chamará a atención, pero aínda así quedamos nunha perda retributiva do 2,30% dos tres anos entre 2022 a 2024 como informamos nesta nova: Confírmase a estafa: cando nos paguen os atrasos do 0,5% levaremos...