Inicio
Venres, 08 Mai 2026

Persoal Non Docente e Cociñas: Asembleas abertas, días 13 e 20 de maio

A CIG convoca dúas novas asembleas abertas a través de internet para falarmos das condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral.

O obxectivo é que a Xunta se sente a negociar coas organizacións sindicais un acordo que regule as condicións laborais deste persoal.

As asembleas van ser en dous días e horarios diferentes, para facilitar así a participación de máis compañeiras e compañeiros:

  • Mércores 13 de maio, ás 18:00 h

  • Mércores 20 de ...

Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións.

Dende a CIG Autonómica non podemos compartir a volta a este sistema do pasado e a asumir que o problema dos lumes en Galiza é estacional. A experiencia ...


Xoves, 07 Mai 2026

A CIG denuncia ao Consorcio por prácticas irregulares na xestión de nóminas

 O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF

Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da prestación, por mor de causas imputables á propia entidade (demóranse en mandar a documentación á traballadora, ás veces meses, ...


Martes, 05 Mai 2026

O persoal de limpeza di basta: acordo de condicións laborais xa!

A CIG demanda a apertura con carácter inmediato dunha negociación para corrixir as inxustizas que sofre o persoal de limpeza nos centros de ensino

Os rateos do persoal de limpeza nos centros de ensino continúan rexéndose por unha circular do ano 1994, unha normativa completamente desfasada que a Administración se nega a actualizar, malia a evidencia do cambio radical que experimentaron os centros educativos. Dende a CIG denunciamos esta situación como unha mostra máis do abandono e da falla ...


Luns, 04 Mai 2026

Milleiros de persoas mobilízanse coa CIG o 1º de Maio contra o imperialismo, pola paz, polo traballo digno e polos dereitos

 O sindicato levou o seu acto central a Lugo en resposta á deriva autoritaria e golpista do PP

 

 

No día do internacionalismo proletario, milleiros de persoas mobilizáronse coa CIG en 20 localidades para rexeitar as agresións imperialistas e a apoloxía da guerra, demandar paz e soberanía para todos os pobos do mundo e reivindicar que en Galiza teñamos traballo digno e dereitos. Este ano, a CIG acordou levar a súa mobilización central do 1º de Maio até Lugo en ...


Mércores, 29 Abril 2026

Faltan prazas para os actos de elección de destino definitivo de corpos xerais?

Despois de terllo solicitado, a Xunta segue sen aportarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso.

Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de que puidesen quedar sen prazas para algúns corpos, pero polo de agora nin nos chamaron nin nos facilitaron os datos.

Cos datos aos que podemos acceder EXISTE un problema evidente: hai 376 persoas ...


Martes, 28 Abril 2026

A CIG traslada o acto central do 1º de Maio a Lugo en resposta á deriva autoritaria do PP

A central entende que no actual contexto de medre do fascismo non pode quedar impasíbel ante as actitudes golpistas e antidemocráticas.

A Confederación Intersindical Galega (CIG) comunica o traslado do seu acto central do Primeiro de Maio á cidade de Lugo en resposta á deriva «autoritaria e golpista» do Partido Popular, que vén de dar un paso máis nas súas actitudes antidemocráticas asaltando o Goberno municipal cunha moción de censura nuns termos inaceptábeis. A central sindical entende ...


Martes, 28 Abril 2026

A CIG convoca 20 mobilizacións este 1º de Maio pola paz, contra o imperialismo e para reclamar traballo digno e dereitos

A central nacionalista chama a converter o Día Internacional da Clase Traballadora nunha xornada de loita.

A CIG convoca 20 mobilizacións noutras tantas localidades neste 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema «Contra o imperialismo, paz e soberanía. Na Galiza, traballo digno e dereitos». A central nacionalista fai un chamado a converter este día nunha xornada de loita e mobilización para avanzar en dereitos, exixir dos gobernos políticas alternativas e da ...


Luns, 27 Abril 2026

Xuntanza coa Inspección de Traballo para a protección do embarazo das traballadoras da AGASS (27/04/2026)

A Inspección insta á Xunta a entregar un protocolo de actuación fronte ao risco biolóxico no embarazo na Axencia Galega de de Servizos Sociais (AGASS).

Após a denuncia que interpuxemos as delegadas da CIG na Inspección de Traballo (ITSS) o 12 de marzo de 2026, a inspectora instou á Xunta a entregar un protocolo de actuación para protexer as traballadoras embarazadas fronte ao risco biolóxico nas escolas infantís da AGASS, xa que nas mesmas condicións de exposición a un risco de natureza ...


Venres, 24 Abril 2026

A CIG anima ás compañeiras da plataforma a seguir na loita pola dignificación da educación de 0 a 3 anos

Dende hai anos, a CIG sempre se posicionou a favor de todo tipo de accións e mobilizacións para conseguir melloras nas condicións laborais do persoal que traballa nas escolas infantís e tamén, consecuentemente, pola calidade do servizo público que se presta.

Nos últimos tempos, e por mor da deriva privatizadora do Partido Popular, estase a tratar de igualar á baixa as condicións de traballo e de prestación do servizo dos centros de xestión pública co resto dos centros nos que prima é o ...


Venres, 24 Abril 2026

Solicitude de mesa de negociación por vixilancia de estradas

Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, presentamos o 23 de abril un escrito conxunto no que solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación sobre o persoal da escala de vixilancia de estradas.

O obxectivo é establecer medidas que garantan a correcta identificación do persoal empregado público desta escala, así como a dos medios de locomoción que utilizan no desenvolvemento das súas funcións, e diferenciar claramente a este persoal con respecto ao das concesionarias privadas dedicadas á ...


Quedou claro que pouco máis se vai mover, que non haberá máis xuntanzas previas, que o texto que irá á Mesa Xeral vai ser moi similar ao actual. Tamén está claro que non teñen intención de discutir moito máis o encaixe entre os diferentes méritos e o peso relativo entre uns e outros. Tampouco aceptan modificar outros aspectos, algúns simples e outros complexos (por compricación na xustificación documental, por imposicións legais, por antecedentes xudiciais, ou por alteracións nas aplicacións informáticas de Función Pública), como valorar a formación por horas en lugar de facelo por tramos, como diferentes aspectos sobre a obrigatoriedade de participar, algunhas medidas de conciliación que se negan a contemplar, axustar algúns desequilibrios na puntuación... En definitiva, que pouco máis vai cambiar.

Como novidade, se cadra interesante, a fase de resultas vai ser diferente á de concursos anteriores, onde quen desexaba participar na fase de resultas escollía postos a cegas, en base a criterios prefixados (localidade, consellería ou nivel). Neste concurso, calquera funcionario/a interesado/a en participar en resultas deberá solicitar a participación no concurso inda que non teña interese en ningún dos posto da primeira fase; unha vez adxudicados os postos desta fase, a Administración publicará un listado cos postos: vacantes non adxudicados, vacantes como consecuencia da primeira fase, e os postos das persoas que solicitaran participar na fase de resultas. Os e as participantes en resultas procederán entón a seleccionar aqueles postos da mencionada relación que sexan do seu interese. Inda que moitos dos postos finalmente non se adxudiquen (por exemplo, porque os seus titulares non os deixen vacantes), gañamos que non escollemos a cegas, e gañamos que a adxudicación de prazas vaise producir ata o límite das posibilidades existentes, co que quedarán menos prazas "interesantes" vacantes.

Para rematar, insistimos na necesidade de chegarmos ao concurso anual, tal e como establece a Lei que os dirixentes políticos  aprobaron no Parlamento.

Descargar borrador.