Inicio
Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. 

Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza (PNIAG), no que atinxe ás condicións laborais dos seu persoal, permaneceu nunha densa néboa a través da cal a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC) non quixo ver o que alí ocorría e tampouco integrou con normalidade este novo órgano ...


Mércores, 25 Xuño 2025

Cursos AFD en centros de ensino públicos. Máis carga de traballo sen compensacións!

O persoal non docente nos centros de ensino ve incrementada de novo a súa carga de traballo sen contraprestacións. No marco do acordo de colaboración entre a Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, ofértanse as accións formativas do Plan Formativo para o emprego (cursos AFD).Na Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego ...


Mércores, 25 Xuño 2025

Monte e rural galego, razóns de vida para a prevención de riscos. Quique Casanova in memoriam (26/06/2025)

Xornada técnica de incendios organizada pola CIG-Autonómica de Lugo, in memoriam de Quique Casanova, prezado compañeiro falecido nun incendio forestal. 

A xornada terá lugar o xoves 26 de xuño de 2025 no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. Dará comezo ás 9.30 h, e a súa clausura está prevista para as 14.30 h. O aforo é libre, previa inscrición no enderezo secorganizacionlugo@galizacig.gal.

O programa contará con relatorios que tratarán de preto a extinción de incendios ...


Martes, 24 Xuño 2025

Voto a favor condicionado da CIG-Autonómica ao I Plan de Igualdade do Consello de Contas (23/06/2025)

A CIG avoga por un I Plan de Igualdade máis ambicioso e efectivo, cun ámbito temporal de 3 anos de duración —en vez de 4—, ademais de promover que a enquisa de igualdade ao persoal se adiante ao primeiro ano do plan.

Consello de Contas de Galiza: 18 anos de atraso na aprobación do I Plan de Igualdade

Todas as Administracións Públicas teñen a obriga de contar cun plan de igualdade dende 2007. Porén, a lexislación incúmprese de xeito clamoroso, impedindo unha igualdade efectiva. Nas ...


Luns, 23 Xuño 2025

A extinción de incendios forestais na Galiza, cada vez máis perigosa e descoordinada

A CIG-Autonómica denuncia que un ano máis comezada a campaña de alto risco de incendios forestais seguimos sen ter unha xestión de persoal planificada e ordenada e destaca deficiencias no estado nas bases e no sistema de traballo dentro dos incendios forestais.

No 2024, o Presidente da Xunta repetía a xustificación ante os incendios forestais do comezo do verán afirmando que “hai unha grande intencionalidade detrás dos lumes”. En 20 anos pasamos de atender máis de 10.000 incendios de ...


Venres, 20 Xuño 2025

Caótica xestión da Xunta de Galiza na residencia de Taboadela: diñeiro público malgastado e atención precaria

Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) erguemos a voz unha vez máis para denunciar a situación crítica do Centro de Maiores de Taboadela, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a "actitude irresponsable e despilfarradora" da Xunta de Galiza.

A Administración Autonómica mantén a persoal na casa cobrando sen traballar, mentres que nas instalacións urxe a presenza de máis efectivos para atender as necesidades dos residentes, especialmente na quenda de noite. É ...


Venres, 20 Xuño 2025

Aire acondicionado no Consorcio: teremos que esperar a outra pandemia ou á emerxencia climática?

Denunciamos o maltrato institucional a persoas anciás e crianzas e o incumprimento da normativa en Prevención de Riscos Laborais para o persoal traballador

Moitas das escolas infantís da rede Galiña Azul e os Centros de Atención a Persoas Maiores (CAPM) xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carecen de sistemas de climatización.

Estes días de vaga de calor as temperaturas alcanzadas na maioría destes centros están preto dunha media os 30° á sombra no ...


Xoves, 19 Xuño 2025

A CIG consegue unha sentenza histórica: primeira sentenza do Estado que recoñece a aplicación dos coeficientes redutores a un compañeiro bombeiro forestal

Estimase a demanda interposta ante a Tesoureiría da Seguridade Social e a Xunta de Galiza condenando a certificar as bonificacións que correspondan na aplicación dos coeficientes redutores de xubilación previstos no Real Decreto 383/2008 do 14 de marzo que establece os coeficientes redutores da idade de xubilación dos/as bombeiros/as ao servizo da administración e organismos  públicos Xa dende fai anos a loita da CIG en prol de acadar a categoría bombeiro forestal, foi un claro obxectivo, ...


Mércores, 18 Xuño 2025

Mobilízate pola profesionalización das cociñas da Xunta e os dereitos do persoal non docente

Fartas xa desta Adminstración Pública que mingunea ao persoal que traballa nas cociñas de xestión da Xunta de Galiza e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á movilización que terá lugar o vindeiro día luns 30 de xuño ás 11 horas que partirá dende diante da Consellaría de Educación nos edificios administrativos de San Caetano, rúa Otero Pedraio, Compostela. 

  • Pola negociación dun Acordo de condicións de traballo, que recupere e mellore os ...

Mércores, 18 Xuño 2025

A CIG solicita ao Consello de Contas que fiscalice a EGAP

A CIG continúa coas súas actuacións encadradas na campaña «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», pola que denuncia a situación crítica da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), despois de anos dunha xestión opaca, desgaleguizadora e que ignora as necesidades de actualización permanente de todo o persoal pertencente á Administración Xeral da Xunta de Galiza e entes instrumentais.

O sindicato CIG, na súa condición de organización máis representativa das persoas traballadoras do ...


Luns, 16 Xuño 2025

Modificación da RPT de Emprego

Antes de comezar queremos salientar que gran parte dos males e agravios que se derivan desta modificación da RPT son froito dunha xestión nefasta por parte da consellería e da DXEP, que tal e como se lles indicou NON TIÑAN QUE TER RETIRADO OS POSTOS DO CONCURSO DE TRASLADOS.

Lembramos que se lles fixo notar que en último caso se podía prorrogar en 15 días o prazo para a elección de postos do concurso (despois de ter esperado un ano), e se non daba tempo, os postos poderían figurar no ...


Non parece sensato que ningunha organización sindical, utilice para unha campaña de afiliación, o sistema de reclamacións previas á vía xurisdiccional laboral, cando isto pode ser obxecto de conflito colectivo, que supón que as reclamacións individuais van quedar paralizadas ata que se resolva, e que ademais é máis xusto pois as consecuencias serán para todo o persoal laboral da Xunta. E hai que ter en conta que se a reclamación individual se perde, aínda que se gañe o conflito colectivo, os reclamantes non van poder acollerse aos efectos positivos da sentenza, polo que non cobrarían a extra, mentres o resto do persoal laboral si.

Ao igual que no caso do persoal funcionario, a CIG, e a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, garanten que non é necesario recurrir a ningún tipo de reclamación individual, cando tanto contenciosos como conflitos coletivos, exploran todas as vía xudiciais.