Inicio
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal.

A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) na tramitación do seu primeiro plan de igualdade: catro horas de formación en ...


Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais

Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal empregado público e para reivindicarlle ao Goberno galego e ao estatal medidas para reverter este ...


Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente.

As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na primeira xuntanza. A ausencia por enfermidade do director xeral e a incapacidade do subdirector para concretar un ...


Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos.

Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos esenciais para a cidadanía e que na súa meirande parte están en mans de empresas privadas pero pagados ...


Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a consellería convocounos a unha xuntanza para tratar de ultimar os cambios.

Despois de que a consellería explique as últimas ...


Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais. 

O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado fóra da mesa de negociación. Na CIG consideramos que este anuncio non pode substituír o diálogo nin pechar un proceso ...


Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos de galego impartidos pola EGAP e converter a media xornada e os 7 meses de traballo do persoal lingüista en xornada ...


Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades específicas de cada centro. 

A CIG leva as tarefas feitas, e  xa enviamos, o que pode ser a  base, para comezar a traballar ...


Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data.

ASUNTO: O que se considere oportuno
CORPO:
Ola,
Precisamos avanzar cara a un sistema público galego de servizos de atención ás persoas, que garanta ...


Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data!

Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente e facer que negocian.

Esta falta derespecto ás organizacións sindicais e ás traballadoras e traballadores é inadmisible.

...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín:

- E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión

- Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF

- Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos)

- Movementos tras o concurso ou destino definitivo

- Persoal non docente: chegou o momento de negociar

Descargar


ORZAMENTOS XUNTA DE GALIZA 2014

Despois de catro anos de descenso continuo dos Orzamentos da Xunta para Galiza, no ano 2014 preséntase un Proxecto de Orzamentos Xerais (en adiante OXG) cun incremento importante con respecto ao orzamento anterior, do 8,4%, alcanzando os 10.281 millóns de euros. Porén, ao analizarmos as distintas partidas tanto de gastos como de ingresos, vemos que a incidencia na economía galega vai ser negativa. Así, os maiores ingresos proveñen de novo endebedamento e de impostos indirectos maioritariamente, e van ser gastados na práctica totalidade en gastos derivados da débeda.

Por tanto, unha maior presión fiscal (a través de impostos indirectos) e un incremento do endebedamento sen que a economía real se vaia ver favorecida, xa quen nin medra o investimento público, nin directo nin indirecto; máis ben ao contrario, este descende fortemente, e tampouco medra o gasto social. Cunhas taxas de paro insostíbeis, co investimento privado caendo en picado e cos niveis de pobreza da poboación medrando exponencialmente, o único que se incrementa son os gastos derivados da débeda, sexan amortizacións, sexan xuros.

Isto sen esquecermos que estamos a falar de previsións, previsións que se fan sobre un escenario macroeconómico determinado, que, para o ano 2014 -ao igual que ocorreu nos anos anteriores- é de difícil credibilidade. 2014 preséntase como o ano da recuperación, cunha previsión de incremento do PIB do 0,8%, incremento ligado única e exclusivamente ao comportamento da demanda externa (exportacións), xa que a demanda interna volvería ser negativa un ano máis, froito da caída do consumo público, dado que se prevé un leve repunte do consumo privado e da formación bruta de capital. Os datos son os seguintes.

Cadro macroeconómico.

 

Previsión

para 2013

no PO 2013

Previsión

para 2013

no PO 2014

Previsións

para

2014

Gasto en consumo final

 Consumo fogares

 Consumo AAPP

-2,8

-2,0

-5,0

-2,4

-2,5

-2,3

-0,4

0,2

-2,6

Formación bruta de capital

-3,2

-5,4

0,2

Achega demanda interna

-2,9

-3,0

-0,3

Exportacións

2,3

3,7

3,9

Importacións

-1,5

0,3

1,9

Achega sector exterior

 

 

 

Produto Interior Bruto

-0,9

-1,2

0,8

Emprego

-2,0

-3,2

-0,2

Taxa de paro

21,0

22,2

21,7

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2014. Xunta de Galiza.

Estímase un incremento do consumo privado do 0,2%. Parece difícil que o consumo repunte cando os salarios están baixando, as pensión reais tamén (hai que lembrar como a inflación está prexudicando especialmente ás persoas pensionistas), e o paro segue medrando. Concretamente, para o ano 2014 a Xunta estima que o emprego vai descender un 0,2%, situando a taxa de paro no 21,7% da poboación activa. E isto co engadido de que esta taxa de paro vén acompañada dun descenso dos gastos de desemprego tal e como analizamos no proxecto de Orzamentos do Estado para o ano 2014. Con menos emprego, menor capacidade adquisitiva dos/as traballadores e pensionistas e sen crédito bancario, dificilmente se pode dar credibilidade ao escenario anterior.

A historia tamén nos dá a razón. E abonda con enxergar as previsións iniciais para 2013 nos OXG do ano anterior e o que se estima neste momento cando o ano xa está practicamente rematado. Así, no único que melloraron as previsións foi na demanda externa; tanto as exportacións como as importacións comportáronse mellor do previsto inicialmente. Isto é, no que a Xunta ten menos incidencia ou ningunha; no resto, a realidade superou as previsións.

Cara a 2014 estase no mesmo escenario, inmersos nunha profunda crise e cunhas previsións “optimistas” por parte dos nosos gobernantes, sen aplicar ningunha medida que poida virar a situación económica ou cando menos paliar os seus efectos da mesma. Así, sen cambios e confiando no exterior, vemos unha previsión de ingresos para 2014 de 10.281 millóns de euros, un 8,4% máis que o estimado para o ano 2013.

A relación, dos ingresos, por capítulos é como segue.

Orzamentos consolidado de ingresos. Millóns de euros.

 

 

 

Variación

Capítulos

2013

2014

Absoluta

Relativa

I. Impostos directos

1.912,60

1.937,00

24,40

1,3

II. Impostos indirectos

2.943,77

3.133,00

189,23

6,4

III. Taxas, prezos e outros ingresos

201,07

166

-35,07

-17,4

IV. Transferencias correntes

2.311,89

1.953,00

-358,89

-15,5

V. Ingresos patrimoniais

23,16

24,00

0,84

3,6

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

7.392,53

7.214,00

-178,53

-2,4

VI. Alleamento de investimentos reais

29,94

13,00

-16,94

-56,6

VII Transferencias de capital

561,62

528,00

-33,62

-6,0

T. INGRESOS NON FINANCEIROS

7.984,10

7.755,00

-229,10

-2,9

VIII. Activos financeiros

20,15

20,00

-0,15

-0,7

IX. Pasivos financeiros

1.475,63

2.507,00

1.031,37

69,9

TOTAL INGRESOS FINANCEIROS

1.495,78

2.527,00

1.031,22

68,9

TOTAL INGRESOS

9.479,88

10.281,00

801,12

8,5

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2014. Xunta de Galiza.

No que atinxe ao capítulo I, impostos directos, o incremento previsto débese á maior recadación estimada nos impostos sobre sucesións e doazóns e patrimonio, xa que a través do IRPF se prevé unha redución do 2,7% na tarifa autonómica. A novidade neste capítulo é a minoración no tipo de gravame do IRPF para os/as contribuíntes con rendas inferiores aos 17.707,20 euros. Tamén aumentaron os límites das deducións por coidado de fillos/as.

O Plan de control tributario explica o incremento previsto a través do imposto sobre sucesións e doazóns. No caso do imposto sobre patrimonio, o incremento, en comparación coa recadación esperada no ano anterior, débese á modificación dos tipos de gravame da escala para o cálculo da cota íntegra establecidos na Lei 2/2013, do 27 de febreiro.

A maior recadación a través do capítulo II, impostos indirectos, débese fundamentalmente ao IVE. O incremento da recadación neste imposto prodúcese pola liquidación de 2012, moi superior á computada no exercicio anterior, debido fundamentalmente á recadación real de IVE que foi superior á prevista inicialmente nos Orzamentos do Estado, pola suba dos tipos impositivos do 18 ao 21 por cento o xeral e do 8 ao 10 por cento o reducido, con efectos desde o 1 de setembro de 2012.

O peso do IVE no total dos impostos indirectos fai que, se medra a recadación a través deste, incida sobre o total do capítulo, aínda que neste caso tamén se estima que aumente a recadación a través dos impostos especiais, debido á maior recadación a través do imposto sobre hidrocarburos tras o incremento acordado do tipos de gravame: o máis destacado, polo uso máis xeneralizado, é sobre a gasolina (de 24 a 48 euros por cada 1.000 litros) e gasóleo (de 12 a 48). A aplicación deste tipo autonómico aféctase por lei ao financiamento dos gastos de natureza sanitaria, o coñecido como céntimo sanitario, neste momento en discusión por Europa.

Son novamente os impostos indirectos os que máis medran, tributos totalmente discriminatorios que gravan en función do consumo sen ter en conta a capacidade do consumidor. E así, cada vez o peso da recadación vía impostos indirectos gaña peso sobre os directos, restando progresividade ao sistema.

No que atinxe ás transferencias correntes, estas sofren un descenso do 15,5%, pasando de representar o 24,4% dos ingresos no ano 2013 a un 19% durante 2014. Dentro deste capítulo redúcese tanto o procedente do Estado como Unión europea.

É de salientar neste capítulo a conxelación dos gastos destinados a dependencia e a minoración das subvencións no ámbito laboral; neste caso supón 12,2 millóns de euros menos que as previstas no orzamento do ano anterior.

Pero o capítulo que realmente permite o incremento do orzamento global é o IX, pasivos financeiros, xa que o aumento previsto é do 69,9%, 1.032 millóns de euros máis de endebedamento que no ano 2013, acadando os 2.507 millóns de euros. A meirande parte deste novo endebedamento vai destinado a amortizar débeda de exercicios anteriores. Concretamente, destínanse a este fin 1.750 millóns, co cal temos un incremento do endebedamento neto en Galiza de 757 millóns. Unha vez pagados os gastos financeiros, que alcanzan os 352 millóns, apenas 405 millóns se van espallar pola nosa economía.

Este dato de gastos, máis os dos outros capítulos, expóñense a continuación.

Orzamentos consolidado de gastos. Millóns de euros.

 

 

 

Variación 2014/2013

Capítulo

2013

2014

Absoluta

Relativa

I. Gastos de persoal

3.381,56

3.367,00

-14,56

-0,4

II. Gastos en bens correntes e de servizos

1.371,38

1.364,00

-7,38

-0,5

III. Gastos financeiros

299,26

352

52,74

17,6

IV. Transferencias correntes

1.980,07

1.941,00

-39,07

-2,0

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

7.032,28

7.024,00

-8,28

-0,1

V. Fondo de continxencia

85,01

105,00

19,99

23,5

VI. Investimentos reais

699,13

666,00

-33,13

-4,7

VII.Transferencias de capital

663,33

596,00

-67,33

-10,2

OPERACIÓNS DE CAPITAL

1.362,46

1.262,00

-100,46

-7,4

T. GASTOS NON FINANCEIROS

8.479,76

8.391,00

-88,76

-1,0

VIII. Activos financeiros

166,19

140,00

-26,19

-15,8

IX. Pasivos financeiros

833,93

1.750,00

916,07

109,8

TOTAL GASTOS FINANCEIROS

1.000,12

1.891,00

890,88

89,1

Total xunta

9.479,88

10.281,00

801,12

8,5

 Fonte: Proxecto de Orzamentos 2014. Xunta de Galiza.

Se sumamos os dous capítulos de gasto derivados da débeda, o III e o IX, alcánzanse os 2.102 millóns de euros, o que supón o 20,4% do total do orzamento. Ademais, son as únicas partidas que medran realmente. Durante 2013 estes gastos alcanzaran o 11,9% do total do gasto. Increméntase, polo tanto, en preto de 8 puntos o que absorben estes dous capítulos do gasto total.

Cada ano a recadación a través dos impostos indirectos medra. Os impostos directos perden peso e o endebedamento dispárase, todo para destinar ao pagamento e os xuros da débeda, que está en mans de banca, que por outro lado foi un dos principais actores da situación económica vixente. Un círculo infernal que detrae fondos da poboación máis desfavorecida para destinalos a unha oligarquía de especuladores que atentan contra os intereses da poboación.

A poboación cada vez paga máis e recibe menos. Fixémonos senón nos restantes capítulos de gasto.

No que atinxe aos gastos de persoal, redúcense un 0,4% con respecto ao estimado para o ano 2013. A conxelación salarial xunto coa, na práctica, non reposición do persoal que se xubila explican esta caída. A non reposición de persoal en determinados servizos vai crear importantes problemas de funcionamento nalgúns deles, coa conseguinte deterioración destes.

Se analizamos isto segundo a distribución orgánica, a Consellaría de Educación é, en temos absolutos, onde se produce o maior “aforro”; en concreto, prevese un descenso de 16 millóns de euros en gastos de persoal nesta consellaría.

Os gastos en bens correntes e de servizo integrados no capítulo II descenden un 0,5%. Este capítulo inclúe diversos gastos de funcionamento, entre outros os de transporte e comedor escolar cuxo importe baixa un 0,4%. Se a isto lle engadimos a redución do profesorado, como se desprende da caída dos gastos de persoal, temos unha visión clara da aposta pola educación deste Goberno.

Dentro das transferencias correntes o volume máis importante corresponde ao transferido ao SERGAS. En conxunto este capítulo recibe un 2% menos de fondos que durante o exercicio 2013.

Pero son as operacións de capital as que sofren en maior medida os recortes do Goberno; son 100 millóns de euros menos que en 2013 os que a Xunta estima que vai investir durante 2014. No ano anterior foran 160 millóns menos. E así ano tras ano, desde que se iniciou a crise, o investimento de capital da Xunta reduciuse máis da metade; é dicir, cando máis se necesita, menos se destina.

Vemos como o medre do orzamento é absorbido practicamente pola débeda, (salvo o leve incremento do fondo de continxencia, que por lei debe acadar o 2% dos recursos propios para operación non financeiras), entre amortizacións e gastos financeiros.....

Fóra da débeda pública, a distribución funcional dos gastos permítenos apreciar con maior detalle que partidas van estar máis afectadas polos recortes.

Orzamento consolidado de gastos. Distribución funcional. Millóns de euros.

 

 

 

variación 3014/3013

Grupos de función

2013

2014

absoluta

Relativa

1. Servizos de carácter xeral

208,9

211,4

2,50

1,2

Alta dirección da CA

35,6

34,7

-0,90

-2,5

Administración xeral

54

55,0

1,00

1,9

Xustiza

105,7

110,2

4,50

4,3

Administración local

3,7

4,3

0,60

16,2

Normalización lingüística

7,4

7,0

-0,40

-5,4

Procesos electorais e órganos de representación política

2,3

0,0

-2,30

-100,0

2. Protección civil e seguridade cidadá

20,6

19,5

-1,10

-5,3

Protección civil e seguridade

20,6

19,5

-1,10

-5,3

3. Protección e promoción social

767,9

752,3

-15,60

-2,0

Acción social e promoción social

561,1

565,2

4,10

0,7

 Promoción do emprego e inst. do merc de traballo

202,3

182,9

-19,40

-9,6

Cooperación exterior

4,1

4,1

0,00

0,0

4.- Prod. de bens púb. de carácter social

5.718,40

5.654,3

-64,10

-1,1

Sanidade

3.417,70

3.397,0

-20,70

-0,6

Educación

2.066,80

2.046,7

-20,10

-1,0

Cultura

62,8

61,2

-1,60

-2,5

Deportes

18,5

18,2

-0,30

-1,6

Vivenda

49,8

32,5

-17,30

-34,7

Outros servizos comunitarios e sociais

102,6

98,5

-4,10

-4,0

5.- Prod. de bens públicos de carácter ec.

739,4

748,3

8,90

1,2

Infraestruturas

281,9

268,8

-13,10

-4,6

Ordenación do territorio

20,2

17,2

-3,00

-14,9

Promoción de solo para actividades econ.

17

44,0

27,00

158,8

Actuacións ambientais

112

97,0

-15,00

-13,4

Actuacións e valorización do medio rural

106,8

115,0

8,20

7,7

Investigación, desenvolvemento e innovación

102,4

113,2

10,80

10,5

Sociedade da información e do coñecemento

94,5

88,6

-5,90

-6,2

Información estatística básica

4,2

4,1

-0,10

-2,4

6.-Regulación económica de carácter xeral

92

112,6

20,60

22,4

Actuacións económicas xerais

31,5

27,9

-3,60

-11,4

Actividades financeiras

60,5

84,6

24,10

39,8

7.-Reg. económica de sectores prod. e desen. empresarial

707

594,0

-113,00

-16,0

Dinamización económica do medio rural

328,3

307,2

-21,10

-6,4

Pesca

109,1

78,4

-30,70

-28,1

Industria, enerxía e minería

46

38,2

-7,80

-17,0

Desenvolvemento empresarial

165,5

110,6

-54,90

-33,2

Comercio

18,5

15,5

-3,00

-16,2

Turismo

39,3

43,2

3,90

9,9

8.-Transferencias a entidades locais

118,6

117,4

-1,20

-1,0

Transferencias a entidades locais

118,6

117,4

-1,20

-1,0

9.-Débeda pública

1.110,80

2.071,1

960,30

86,5

Débeda pública

1.110,80

2.071,1

960,30

86,5

TOTAL

9.484,10

10.281,3

797,20

8,4

Fonte: Proxecto de Orzamentos 2014. Xunta de Galiza.

Xunto á débeda pública, o grupo que máis se estima que medre é o de regulación económica de carácter xeral. E dentro del, o grupo de actividades financeiras, que medra en 24 millóns de euros. Este incremento correspóndese coa partida de imprevistos e funcións non clasificadas; é dicir, para imprevistos.

Na outra cara da moeda, vese novamente cun descenso nos grupos máis importantes, ou cando menos máis necesarios na situación económica pola que estamos a atravesar, que son o grupo 3 e 4: protección e promoción social e produción de bens públicos de carácter social, con descensos do 2 e 1% respectivamente.

Comezando polo grupo 3, a función á cal se aportan menos fondos é a de promoción do emprego e institucións do mercado de traballo, que vai recibir un 9,6% menos que durante 2013, o que en termos absolutos equivale a 19 millóns menos. Esta partida xa sufrira unha caída do 40% nos orzamentos anteriores.

Dentro deste subgrupo, imos achegar a evolución do gasto dos 3 últimos exercicios para termos unha visión máis precisa do trato que están a recibir as políticas de emprego no momento máis grave da historia económica recente.

  • Mellora e fomento da empregabilidade reduciuse de 99 a 40 millóns de euros, un 59,6% en 2013; para o 2014 estímanse 37,6 millóns, outro 6% menos.
  • Intermediación e inserción laboral reducírase de 17 a 7 millóns, un 58,8% en 2013; en 2014 non hai nada orzamentado para esta partida.
  • Promoción do emprego, do emprego autónomo e do mercado de traballo inclusivo, descendera de 54 a 43 millóns de euros, 11,4 millóns de euros menos -un descenso do 20%- durante 2013. Agora estímase unha nova caída do 4,6%, quedando a partida en 41 millóns de euros.
  • Formación profesional a desempregados/as pasou de 98,9 millóns a 72 millóns de euros para 2013; para 2014 o orzamentado acada os 68,3 millóns, un 5,1% menos.
  • Outro programa que sufrira unha caída brutal é o de mellora da cualificación no emprego, que pasou dunha dotación de 32,4 millóns de euros a apenas 6,6 millóns en 2013; para 2014 estímanse 6,6 millóns.
  • O resto dos programas de sistemas de seguridade no traballo descenden pero en menor medida.

Un ano máis asistimos atónitos/as a unha forte rebaixa dos gastos destinados a promocionar e manter o emprego. É inaudito que un goberno poida asistir pasivamente a unhas taxas de desemprego tan elevadas (que aínda serían maiores se non fose polo elevado número de traballadores/as que todos os anos abandonan Galiza) que incluso prevé que se incrementen para o ano próximo, sen mudar nin un ápice a súa política económica co único instrumento que conta, a política orzamentaria, xa que como vemos é un dos apartados máis prexudicados polos recortes.

Nin potencia a creación de emprego, nin protexe as persoas máis desfavorecidas, xa que o grupo de acción e promoción social practicamente se mantén. O programa de atención ás persoas dependentes é o que acapara a meirande parte dos fondos; para 2014 prevese un leve incremento en torno aos 2 millóns de euros, pero descende en máis de 3 millóns o de apoio ás persoas maiores e con discapacidade.

Outros programas de menor contía pero no por iso menos importantes como prestacións a familia e infancia, servizos a xuventude, igualdade, apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero, etc., ou ben se manteñen ou ben baixan lixeiramente, mais son programas que en anos anteriores descenderan cuantiosamente. Non esquezamos que só o de igualdade estaba dotado con 32 millóns de euros no ano 2009 e hoxe apenas pasa dos 6 millóns.

O grupo 4 é o que absorbe a maior porcentaxe do orzamento xa que dentro del se inclúen as partidas de sanidade e educación. Ambas ven minguados os seus fondos para o ano 2014 nun 0,6% e 1% respectivamente (reducións de 20 millóns). Porén, dentro deste grupo, é vivenda, cun 34,7% menos que no ano 2013, o que máis prexudicado queda polos recortes.

No que atinxe a sanidade, a redución é semellante en todos os subprogramas, sexa atención primaria ou especializada.

Dentro de educación, redúcese en todos programas agás en educación universitaria, que pasa de 320 a 327 millóns. Tanto educación infantil, primaria e ESO como formación profesional reducen os fondos nun 1,5%, en torno aos 20 millóns de euros.

A programa de abandono escolar redúcese nun 1,1%.

Á produción de bens públicos de carácter económico, que se engloba no grupo 5, destínanse 748,3 millóns de euros, un 1,2% máis que no exercicio anterior. A distribución entre os distintos programas que compoñen este grupo é moi desigual. O maior incremento absórbeo a promoción do solo para actividades económicas, o cal, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo vai percibir un 158% máis que durante 2013, 27 millóns de euros máis, até acadar os 44 millóns. Este programa chegara no ano 2012 a estar practicamente sen fondos.

Para investigación, desenvolvemento e innovación estímase un 10,5% máis, incremento destinado practicamente á Axencia Galega da Innovación. O resto dos programas ou permanecen semellantes ou diminúen.

Actuacións ambientais e infraestruturas son os que sofren os maiores recortes deste grupo.

No que atinxe á regulación económica de sectores produtivos e desenvolvemento empresarial, grupo 7, apenas se incrementan os fondos destinados a turismo. No resto, as caídas son profundas, sobre todo en desenvolvemento empresarial e pesca.

A forte caída en pesca céntrase toda no programa de mellora da calidade da produción pesqueira e acuicultura, que se reduce practicamente á metade e pasa de 83,8 millóns a 47,5.

Dentro de desenvolvemento empresarial, é de salientar a forte redución dos fondos do IGAPE, xa que pasan de 133,7 millóns a 82,4 millóns, preto dun 40% menos.

En resumo, ante a situación económica que estamos a atravesar: altas taxas de desemprego, empobrecemento da poboación, desinvestimento, etc., a Xunta de Galiza non utiliza a arma máis importante que ten, a política orzamentaria, para tentar mudar ou cando menos paliar esta situación. Máis ben todo o contrario, coa aplicación das medidas que se desprenden destes orzamentos, a economía e a situación da poboación van empeorar.

O desemprego medra, a protección das persoas desempregadas descende, os salarios da clase traballadora baixan, as pensións conxélanse, os impostos indirectos medran, a poboación cada vez ten que se facer cargo dunha parte maior do sistema sanitario directamente, os gastos en educación e derivados (chámese comedor, bolsas de estudo transporte escolar, etc.) descenden..., mais temos un OXG con máis fondos. As matemáticas non fallan, e se temos máis fondos e a maioría da poboación vai recibir menos, alguén ten que recibir máis, e ese máis son un pequeno grupo de especuladores que provocaron esta situación precisamente para isto, acaparar o pouco que quedaba en mans públicas, e loxicamente co visto e prace dos nosos gobernantes.