Inicio
Xoves, 19 Decembro 2024

De non vacante a vacante: onde están as miñas vacacións?

Aínda que a administración xeral da Xunta ten personalidade xurídica ÚNICA, hai consellerías que non o queren entender e van por libre.

Esta insubmisión dalgunhas consellerías crea problemas coas vacacións xeradas polo persoal temporal e interino das listas cando están cubrindo un posto “non vacante” e son chamados para cubrir un posto vacante e aceptan.

É certo que nalgunhas consellerías isto non é un problema. A mecánica deste asunto é que as consellerías de procedencia fan ...


Xoves, 19 Decembro 2024

A Xunta quere aprobar unha moi escasa Oferta de Emprego Público do 2024

Para seguir a tradición, a Administración achéganos na propia mesa (para que non dea tempo a reflexionar nin a alegar) catro follas cos anexos das prazas da OEP 2024. Limítanse a contarnos o que hai nas táboas. Polo tanto, ademais de que poidamos impugnar a propia OEP, estudaremos impugnar a falta de negociación.

E ante a falta de datos ou de tempo para poder estudalos ou analizalos, imos avanzar as nosas primeiras impresións sobre esta oferta de emprego.

De entrada esta OEP é minúscula. ...


Mércores, 18 Decembro 2024

A CIG reclama a recuperación de dereitos do persoal das administracións públicas

A lei de Orzamentos para 2025 perpetúa os recortes de 2012 e non avanza nengunha mellora, excepto para a escala de letrados, polo que dende a CIG solicitamos a extensión desa mellora para todo o persoal

A CIG concentrouse o martes 17/12/2024 diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co debate dos Orzamentos da Xunta para 2025 para denunciar que con esta lei se perpetúan os recortes de 2012, e para reclamar a recuperación dos dereitos do persoal das administracións públicas.

Reclamamos ...


Mércores, 18 Decembro 2024

RPT do Consorcio: morrer matando

Durante anos sen convenio, sen trienios... e agora queren meter o acelerador para que apandemos con todo o que queiran impoñer

A directora xeral de Emprego Público e o xerente do organismo propoñen niveis e salarios máis baixos que na Xunta para o persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar.

A nova RPT chega nos últimos días do ano 2024, non negociada, inzada de centos de erros e sen a debida documentación que posibilite a máis mínima negociación e a súa tramitación; e sen que sexa de ...


Mércores, 18 Decembro 2024

Consellarías de Educación e de Economía van adiante co traspaso forzoso e non negociado de persoal propio, laboral e funcionarial de GAIN

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Economía e Industria, asinado polos Secretarios Xerais Técnicos de ambas Consellerías (Acordo Economía-Educación).

...
Luns, 16 Decembro 2024

Decreto OEP2024 de escalas sanitarias (Lei 17/89) (MSF 13/12/24)

A Dirección Xeral de Función Pública trouxo á Mesa Sectorial de Funcionarias (13/12/24) o Decreto da OEP 2024 das escalas sanitarias da Lei 17/89. Este persoal segue a ter unha xestión á marxe de Emprego Público, cando se trata de persoal funcionario de Administración.

Seguindo o seu modus operandi, onde a boa fe negocial brilla pola súa absoluta ausencia: enviáronnos a documentación da convocatoria sen tempo para revisala, incapaces por sistema de respectar o mínimo de 48 h. A secretaria ...


Xoves, 12 Decembro 2024

UGT torpedea e crispa a negociación do I Plan de Igualdade de Portos de Galiza (05/12/24)

Esta foi a reacción á postura manifestada pola CIG de rexeitamento a dar validez tanto á proposta de plan de igualdade como de diagnose elaboradas pola Dirección Xeral de Simplificación Administrativa da Xunta antes da constitución da comisión de igualdade, que Portos puxo enriba da mesa.

A xuntanza de constitución da Mesa de Igualdade de Portos de Galiza foi, cando menos, brusca e agresiva, co beneplácito de CCOO, quen se une a todas as decisións e propostas de empresa e UGT.

Témosllo ...


Luns, 09 Decembro 2024

A CIG esixe á Xunta a posta en marcha de todos os graos da carreira profesional

A posta en marcha do sistema de carreira profesional, que se iniciou no 2019 e tiveron que resetear no 2022, nen sequera se cumpre nos termos acordados. Deberían sentarse a negociar a convocatoria do grao III. E se supón que iso incluiría tamén o acceso aos graos I e II para aquelas persoas que están no grao I ou aínda non accederon a eles polo sistema extraordinario.

A diferenza do SERGAS onde están xa máis avanzados e no grao IV dende 2022, na Xunta o sistema pactado non garante nada. E ...


Luns, 09 Decembro 2024

Trienios de persoal laboral temporal que aproba un proceso selectivo ou pasa a ser persoal interino

En primeiro lugar salientar que para reclamar os importes dos trienios como persoal laboral se exclúe ao persoal laboral fixo que se funcionarizou e que estas reclamacións poden darse en basicamente dúas situacións:

1.- Persoal laboral temporal que aproba un proceso selectivo e pasa a ser FUNCIONARIO/A DE CARREIRA.2.- Persoal laboral temporal que pasa a prestar servizos como persoal FUNCIONARIO INTERINO.

O persoal funcionario dos grupos C1, C2 e AP que prestou servizos como persoal ...


Luns, 02 Decembro 2024

A Xunta vai privatizar o futuro macrocomplexo de Mos / O Rebullón?

A Xunta vai construír un macrocomplexo de servizos en Mos / O Rebullón cun centro de coidados intermedios, escola infantil e centro de  atención a persoas maiores, entre outros

A Xunta de Galiza e o Partido Popular téñenos acostumada á cidadanía a ler noticias diarias sobre o “pioneiros” que son nunha morea de iniciativas, proxectos e servizos, máis aquí non somos os pechacancelas en nadiña....

O problema é que este chauvinismo patriótico que sentimos a cidadanía, non ten nada que ver coa ...


Sábado, 30 Novembro 2024

Función Pública réndese ante a evidencia: hai que rebaremar os procesos do SPIF

Función Pública recúa e acepta despois de 4 meses a proposta da CIG, pero tarde e tratando de aparentar que se debe a un acordo co trifachito sindical.

Informan CCOO, UGT e CSIF que mantiveron unha reunión con Función Pública en relación á problemática dos procesos do SPIF. A CIG, sendo o sindicato maioritario na Mesa Xeral de Empregados Públicos, NON foi convocada a esta reunión.

No mes de xullo tivemos unha xuntanza onde lle transmitimos a Función Pública os problemas que estaba a ...


  • Técnico superior DCIF (I – 038): 1 praza no SPDCIF.
  • Conductor motobomba (IV – 033): XI (9); XII (6); XIII (7); XIV (5); XV (10).
  • Vixiante fixo (V – 10b): XI (4); XII (3); XIII (2); XIV (2); XV (3).

Documentación a presentar:

  • Solicitude.
  • Fotocopia cotexada do DNI. 
  • Fotocopia cotexada da titulación. Técnico superior (enxeñeiro de montes); Conductor motobomba (graduado escolar ou equivalente) e vixiante fixo (certificado de escolaridade).
  • Carné de conducir. Técnico superior (B) e conductor motobomba (C).
  • Méritos: 
  • Servizos prestados na mesma categoria na Xunta de Galiza, noutras AAPP ou empresas privadas.
  • Cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoria.
  • Coñecemento do idioma galego.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes:

Ata o día 7 de Xullo de 2009, ás 12:00 horas, nos distintos distritos forestais ou na sección de persoal do Departamento Territorial, así como por fax ao número 988 38 65 66.

Os aspirantes á categoria vixiante fixo deberán superar unha proba de agudeza visual. Por contra, aqueles aspirantes á categoria de Técnico Superior e Conductor/a motobomba a proba a realizar consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para os homes e de 33 cm para as mulleres, durante un período de 5 minutos.